Unha moza de 20 anos morre ao envorcar un coche nunha curva do Pino

Unha persoa morreu e outra resultou ferida esta madrugada despois de saírse da vía e envorcar o vehículo no que viaxaban polo municipio de Touro (A Coruña).

|

Unha persoa morreu e outra resultou ferida esta madrugada despois de saírse da vía e envorcar o vehículo no que viaxaban polo municipio de Touro (A Coruña). O accidente foi preto dunha famosa discoteca. Hai outro ferido e o condutor está ileso.


Segundo informa o 112, todo ocorreu sobre as 3,30 horas, cando recibiu a chamada dun particular que alertaba dun accidente á altura da discoteca Dona Dana.


Coche accidentado no Pino nunha imaxe da CRTVG

Coche envorcado no Pino nunha imaxe da CRTVG



UNHA PERSOA ATRAPADA

O alertante indicaba que o coche estaba envorcado na cuneta e que puideran sacar a unha muller ferida. Durante a mesma chamada, outro particular comunicaba á central de emerxencias que había no interior outra persoa inconsciente e atrapada no coche.

Así, o 112 deu o aviso a Urxencias Sanitarias-061, á Garda Civil de Tráfico e aos bombeiros de Arzúa. Os membros de Protección Civil foron informados do sinistro.

Foi necesaria a intervención dos bombeiros de Arzúa para liberar á vítima mortal, que quedou atrapada no interior do vehículo. A outra persoa, unha moza de 22 anos, resultou ferida e foi evacuada ao Hospital Clínico de Santiago, segundo indica o 061. O terceiro ocupante, o condutor, resultou ileso.

ACCIDENTE EN ORTIGUEIRA
Por outra banda, outra persoa resultou ferida nun accidente rexistrado en Ortigueira (A Córuña) sobre as 6,00 horas da mañá deste domingo.

O accidente, indica o 112, ocorreu na AC-862, pero o coche saíuse da vía e caeu por un terraplén ata o medio da DP-6122, ao redor do punto quilométrico 5.300, á altura da gasolineira de Mera.

Ademais dos servizos sanitarios, ata o lugar desprazáronse, avisados polo 112, os bombeiros do Eume, os membros do GES de Ortigueira e os axentes de Tráfico. Tamén interveu o servizo de mantemento da estrada.

Unha vez liberado o ferido --único ocupante do vehículo--, foi trasladado en ambulancia por Urxencias Sanitarias-061.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE