O Concello da Coruña retira o local á inauguración dunha asociación de homeopatía

Tras comprobar que en realidade o evento era para lanzar unha asociación prol-homepatía, o Concello anula o seu apoio.  Inés Rey, alcaldesa da CoruñaAdemás, destaca que é necesario "contrastar" a suposta eficacia da homeopatía e outras pseudociencias.


|

A Asociación Galega de Pacientes, Usuarios e Amigos da Homeopatía (SIMILIA Galicia) xa non celebrará o seu inaguración na Casa Museo Casares Quiroga da Coruña, local público municipal. O concello retirou hoxe o seu apoio tras a polémica suscitada nas redes sociais ao coñecerse que, inicialmente, ía colaborar, pois como colaborador figuraba na cartelería.


A Administración argumenta que inicialmente "permitiu a organización" do evento porque creu que "se trataba dun debate sobre a pseudociencia" coa participación de profesionais sanitarios. Tras comprobar que en realidade o evento era para lanzar unha asociación a prol da homepatía, o Concello anula o seu apoio. 


A alcaldesa, Inés Rey, durante o pleno municipal

Inés Rey, alcaldesa da Coruña


Ademais, destaca que é necesario "contrastar" a suposta eficacia da homeopatía e outras pseudociencias. A asociación galega de pacientes, persoas usuarias e amigas da homeopatía Similia Galicia  non respondeu publicamente por agora á decisión municpal. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE