Os cargos da Xunta denunciados pola presunta manipulación de contratos postdoutorais "non participaron na toma de decisións", afirma Educación

Desde a administración argumentan que a convocatoria é "transparente" e respectuosa "coa lexislación vixente", ademais de afirmar que os cargos da Xunta mencionados na denuncia non participaron " nin no equipo avaliador nin na comisión de selección". Á súa vez, subliñan que non se incumpriu a reserva de prazas para persoas con discapacidade e que os baremos utilizados para a avaliación dos opositores son os correctos. 


|

A Consellería de Educación responde a Galiciapress tras a denuncia penal contra dous cargos da Xunta presentanda por un candidato ao fío do concurso de 46 prazas postdoutorais en universidades e centros de investigación.


Desde a administración argumentan que a convocatoria é "transparente" e respectuosa "coa lexislación vixente", ademais de afirmar que os cargos da Xunta mencionados contra os que vai a denuncia -presentada en xulgado do Penal de Ourense- non participaron "nin no equipo avaliador nin na comisión de selección". Ademais, subliñan que non se incumpriu a reserva de prazas para persoas con discapacidade e que os baremos utilizados para a avaliación dos opositores son os correctos. 


A conselleira de Educación, Carmen Pomar

O proceso do concurso para investigadores foi "correcto", sostén Educación, que dirixe a conselleira Pomar


Educación sostén que as convocatorias para as axudas postdoutorais, que se anuncian no DOG, son "totalmente transparentes". "A Consellería leva desde o ano 2012 facendo convocatorias anuais de axudas á etapa posdoctoral do persoal investigador das tres Universidades do Sistema Universitario de Galicia, das que levan beneficiado uns 600 investigadores", subliña a administración, reafirmando que é "falso" que a Consellería "non respecte a lexislación vixente", como recolle a denuncia dun dos opositores contra a Subdirectora de Promoción Científica e o Secretario Xeral de Universidades.


LEI DE EMPELO PÚBLICO OU LEI DE SUBVENCIÓNS?

Nese sentido, desde a Consellería informan que xa emitiron unha resposta contra "os puntos do recurso administrativo interposto polo denunciante". Desde Educación ademais destacan tres argumentosde a denuncia que consideran importante aclarar. Un deles é o referido á reserva de prazas para persoas con discapacidade superior ao 33%, un aspecto que desde Ministerio de Benestar Social xa abriron un expediente e a Oficina de Atención a a Discapacidade do Estado solicitou información formalmente á Xunta.


"Non se incumpre a Lei de Emprego Público porque, tal e como recolle o texto da propia Orde, a concesión destas axudas réxese pola Lei de Subvencións", recalcan desde a Consellería, rebatendo á súa vez un dos puntos da denuncia onde aseguraba que a convocatoria pretendía facer pasar por "axudas" uns contratos postdoutorais. "Os contratados non son persoal funcionario nin persoal laboral da administración pública, polo que non se poden rexer os seus contratos pola Lei de Emprego Público de Galicia", aclara Educación.


"Os beneficiarios destas axudas, de acordo co establecido no artigo 2 das bases reguladoras, son as universidades do SUG, os organismos públicos de investigación de Galicia, as fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e o IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia sempre que contraten as persoas seleccionadas a través dun contrato laboral de duración determinada con dedicación a tempo completo, de acordo co marco lexislativo actual, en virtude do cal a persoa seleccionada quedará vinculada á devandita entidade", razoan desde San Caetano.


METODOLOXÍA DE AVALIACIÓN

Outro dos elementos polémicos é o referido aos baremos utilizados para avaliar aos opositores ás prazas ofertadas. Desde a administración galega son meridianos á hora de afirmar que a avaliación "se desenvolve de acordo a unha metodoloxía homologable á utilizada xeralmente pola Axencia Nacional de Avaliación e  Prospectiva (ANEP) ou pola propia ACSUG en procesos de avaliación científica e concorrencia competitiva similares". Na metodoloxía utilizada téñense en conta cuestiones como "a calidade das publicacións e proxectos" nos que participe o opositor ou a "idoneidade dos centros para o proxecto que se quere desenvolver".


"Fai falta sinalar tamén que a avaliación ten unha parte cualitativa da cal se encarga un equipo de expertos avaliadores seleccionados a través da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) entre profesores-investigadores de universidades españolas, cunha ampla experiencia en avaliación en convocatorias de concorrencia competitiva baseadas en méritos curriculares e de proxecto", engade a Consellería. Na mesma liña, asegura que a puntuación mínima na fase de avaliación para acceder a un contrato é de polo menos 60 puntos e que no caso de que haxa máis candidatos que axudas estas serán "para as 40 persoas con maior puntuación".


"NON PARTICIPARON NA TOMA DE DECISIÓNS"

Por último, con respecto á denuncia contra a Subdirectora Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria e o Secretario Xeral de Universidades, a administración comunica de "ningún deles" formou parte "nin do equipo avaliador nin da comisión de selección, tal e como reflicten as actas respectivas". "Por tanto non participaron en absoluto na toma de decisións respecto á concesión destas axudas", esgrime.


"Insistimos, os avaliadores son alleos ás universidades do SUG porque as persoas seleccionadas téñense que integrar nun departamento universitario, grupo, agrupación estratéxica ou centro de investigación, e é contrario contra todo proceso de avaliación ser xuíz e parte, é dicir, as avaliacións no ámbito científico debese realizarse por expertos, e tense que procurar a imparcialidade que se perdería se o proceso de avaliación é realizado polas mesmas persoas que van tutelar e dirixir a formación postdoutoral das persoas seleccionadas".


Con todo, a propia Consellería de Educación manifesta a súa "respecto" ao dereito do denunciante para tramitar un recurso administrativo "e mesmo unha denuncia por vía penal" -aínda que argumentan que non teñen confirmación de que esta fose admitida a trámite- contra esta convocatoria " que leva facendo de maneira transparente e ininterrompida desde fai dez anos". 


"As persoas afectadas resérvanse o dereito de emprender as accións que correspondan contra esta denuncia que non se sustenta sobre ningún fundamento xurídico, e así lle foi comunicado ao propio denunciante na contestación ao recurso administrativo que interpuxo", conclúe o comunicado de Educación. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE