Taxista e presunta ladroa: róuballe un teléfono de 750€ a unha clienta

Unha taxista da Coruña foi investigada este domingo pola Garda Civil como presunta autora dun delito de furto dun teléfono móbil a unha pasaxeira.

|

Apagou o móbil e procedeu a borrar todos os datos. Aínda así, a Garda Civil atopou á taxista coruñeña e agora acúsaselle de furto.


Unha taxista da Coruña foi investigada este domingo pola Garda Civil como presunta autora dun delito de furto dun teléfono móbil a unha pasaxeira.


Taxi

Imaxe de recurso dun aparcamento de taxis


A investigación abriuse tras a denuncia presentada pola vítima na que expoñía que "lle subtraían un terminal de telefonía movil, valorado en 750 euros, no interior dun taxi" segundo un comunicado da Garda Civil.


QUITOULLO CANDO ESTABA DISTRAÍDA

Atendendo ao traballo operativo realizado polas autoridades, "a condutora aproveitou un momento de distracción da vítima para apoderarse do seu terminal que apagou inmediatamente para evitar a súa localización".

Despois de que a pasaxeira baixase do vehículo, "a taxista procedeu ao borrado dos datos do teléfono" tentando así "imposibilitar o rastrexo e localización do mesmo", tal e como confirmou a Garda Civil da Coruña.

O móbil subtraído xa foi devolto á súa propietaria e a investigada, xunto coas actuacións realizadas, foi posta ao dispor do Xulgado de Instrución de garda da Coruña.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE