O narcosubmarino, que se resiste a saír, a vista de dron
Expectación por ver o batiscafo -o primeiro con capacidade transoceánica- incautado mentres segue a persecución do narco galego que escapou a nado
Segundo informan fontes próximas ao operativo, o dispositivo non tivo o éxito desexado por agora. Está previsto que a iso das cinco da tarde culmine un novo intento de rescatar o narcosumbarino, que como se pode ver nas fotos facilitadas a Galiciapress desde o SUP está xa moi próximo á costa:
O navío está xa moi próximo á costa
Mentres tanto, segue a busca do galego que escapou a nado á costa tras o afundimento intencionado do batiscafo. Os seus compañeiros de travesía ecuatorianos pasarán pronto ao dispor do xuíz, pero o contacto local leva xa dous días escapado, o que apunta a que coñecía ben a zona de Aldán e poida que dispoña dalgún contacto alí para ocultarse.
O navío foi parcialmente reflotado este luns tras unha ardua xornada de traballo por parte dos mergulladores dos Grupos Especiais de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil, con axuda duns globos, e con apoio do resto de efectivos.
ENGACHADO A UNHAS REDES
A última hora da tarde comezouse o remolque arrastrando o artefacto pero, a unha milla do porto de Aldán, e debido a que os globos perderon aire, a que quedou enganchado nunhas redes e ás malas condicións do mar, houbo que cancelar a operación.
Escribe o teu comentario