Os expertos da Xunta definen como "lastres" ás enfermeiras que chegan aos centro de saúde desde hospitais, revela a CIG

A CIG-Saúde denunciou que o Grupo de Expertos en Atención Primaria define nas súas conclusións como "lastres" ás enfermeiras que se trasladan desde o hospital a primaria.

|

A CIG-Saúde denunciou que o Grupo de Expertos en Atención Primaria define nas súas conclusións como "lastres" ás enfermeiras que se trasladan desde o hospital a primaria.


"É impresentable que o Sergas permita a utilización deste cualificativo para definir a un grupo de profesionais altamente cualificado e cunha traxectoria profesional impecable", censura a secretaria nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín.


Pacientesenfermerashospital

Unha imaxe de arquivo dunha enferma nun hospital




Nun comunicado remitido aos medios este venres, Abuín explica que cando unha enfermeira trasládase a primaria achega a este nivel asistencial todo o coñecemento adquirido ao longo da súa vida profesional e toda a súa formación nas distintas patoloxías ou enfermidades que teñen as persoas que ingresan nos hospitais.

"E non só desde o punto de vista asistencial, tamén desde a atención ás persoas en toda a súa dimensión persoal, emocional e familiar", apunta.


"BUSCAR CONFRONTACIÓN"

Por iso, considera que cualificar a este colectivo de profesionais como "lastres" é "un discurso hipócrita que só pretende buscar confrontación entre profesionais".

Para a CIG-Saúde demostra unha "gran irresponsabilidade" al "pretender facer culpable da situación de atención primaria a un colectivo".

"É verdade que o persoal que se traslada a primaria mellora a súa calidade de vida ao deixar de facer quendas de mañá, tardes e noites no hospital os 365 días do ano pero isto non é delito, senón un dereito", indicou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE