O veto de VOX aos medios centra a reunión da Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas
A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas de España convocou unha reunión plenaria este sábado en Madrid para abordar as posibles medidas a emprender desde a profesión en defensa dos xornalistas "ante os crecentes ataques que veñen soportando, aos que se sumaron os vetos que, formacións políticas como Vox", realizaron a determinados medios na cobertura informativa das pasadas eleccións xerais do 10 de novembro.

Neste sentido, a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas de España adiantou que reclamarán a "atención" das formacións políticas con representación parlamentaria para impulsar nesta lexislatura "a promulgación das leis necesarias para mellorar a protección dos xornalistas no exercicio das súas funcións".
Á reunión deste sábado en Madrid, asistirán representantes das Xuntas de Goberno dos Colexios de Xornalistas de Cataluña, Galicia, Murcia, Andalucía, País Vasco, Castela e León, A Rioxa, Asturias e Navarra.
Escribe o teu comentario