Se "Pedro e Pablo" tivesen que traballar así de duro igual non tardarían tanto en darse o abrazo, espétalles unha mariscadora nun vídeo viral
En pleno temporal, metidas no mar coa auga ata as cadeiras e soportando fortes refachos de vento e choiva.
En pleno temporal, metidas no mar coa auga ata as cadeiras e soportando fortes refachos de vento e choiva. Así aparecen as mariscadoras de Cambados nun vídeo filmado este xoves que se está convertendo en viral. Subiuno ao seu Facebook unha mariscadora local, Irene Álvarez Fontela:
Son numerosas as reaccións ás imaxes da dureza do labor das mariscadoras. Tamén de políticos. Por exemplo, o deputado electo de En Común Unidas Podemos, Antón Gómez Reino, úsao de exemplo para reinvidicar a necesidade de protexer os dereitos das traballadoras do mar:
Cada vez que escoitades a alguen cuestionando que hai que garantir e mellorar vos dereitos laboráis dás mulleres que traballan nas rías e, en xeral, dás persoas que traballan non mar lembrade este vídeo.
— Antón Gómez-Reino (@AntonGomezReino) November 15, 2019
Mulleres mariscando onte en Cambados. pic.twitter.com/TvwaVPmXLI
Nunha liña similar exprésase o secretario de Relacións Internacionais da UPG, o partido máis numeroso desde os integrados no Bloque, Duarte Correa:
O certo é que a mariscadora aproveitou o rechamante do seu vídeo para lanzarlle unha pulla a algúns políticos. "Se Pedro e Pablo estivesen asi seguro que se daban antes o abrazo ....."
Escribe o teu comentario