Cos resultados do 10N Feijóo perdería 13 deputados autonómicos, calcula o PSdeG

Os socialistas galegos tiran 


|


O secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, asegurou que os resultados electorais alcanzados polo PSdeG cumpren os "obxectivos" marcados pola formación para este 10 de novembro fronte a un Alberto Núñez Feijóo e un Partido Popular que "picaron".

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na rolda de prensa

"Picaron en Galicia na súa estratexia de tentar aproveitar a repetición (electoral) para ter unha maioría con máis deputados, máis apoios pero tamén picaron porque a maioría social progresista emerxe cada vez que hai unha convocatoria electoral", manifestou.

Nunha rolda de prensa ofrecida no día despois dos comicios nos que o PSdeG foi segunda forza a 0,6 puntos do PP, Gonzalo Caballero incidiu en que os votos das forzas progresistas volven superar ás dereitas en Galicia.

EXTRAPOLANDO RESULTADOS
"Con estes resultados electorais, o desastre do PP é cada vez máis evidente. O PP perdería nunhas eleccións galegas 13 deputados e o PSdeG subiría 13, un empate técnico que evidentemente sería referendado por esa maioría social noutro escenario", apuntou.

Por iso, deixou claro que o PSdeG pon "o punto de mira nas próximas eleccións autonómicas". "Despois dos éxitos electorais de abril, maio e novembro traballaremos arreo para que esta nova maioría social progresista volva repetirse", indicou.

CAMBIO DE CICLO
E é que o xefe de filas do Partido Socialista de Galicia considera que tras as eleccións autonómicas --que se celebrarán en setembro de 2020 se non hai adianto-- "non haberá maiorías absolutas" pero si unha "maioría social de progreso liderada por un PSdeG capaz de darlle a Galicia o cambio político que reclaman os galegos".

Con todo, preguntado pola baixa de votos que o PSOE obtén en Galicia con respecto o 28A --uns 68.000 menos-- Caballero atribuíu este dato á baixada da participación pero subliñou que porcentualmente "mantense o nivel de apoio".

SITUACIÓN POLÍTICA ESTATAL
Na rolda de prensa, ademais, asegurou que España "necesita un goberno progresista, socialista" que lle da o país "un proxecto de futuro". "Tiñamos o mellor proxecto para España e os cidadáns déronnos un apoio maioritario", apuntou.

Neste sentido, sinalou que, unha vez que "falaron" os españois agora toda "configurar un goberno liderado polo PSOE". "Cremos que ao longo das próximas semanas vai despexar a incógnita e haberá goberno de progreso", indicou.

Todo iso nunha intervención na que considerou que "todas as forzas" deben entender a "importancia de desbloquear" a situación política", tamén "o PSOE". "Contribuiremos a que haxa goberno en España no tempo máis curto posible", destacou.


APOIO Á "EXTREMA DEREITA"
Na roda de presa, Gonzalo Caballero tamén mostrou a súa preocupación polos resultados rexistrados por Vox, que dobra os seus apoios no conxunto do Estado --aínda que non obtén representación en Galicia-- e terá 52 escanos no Congreso.

"Os seus valores e ideas non coinciden coas que fan que un país progrese", argumentou o líder do PSdeG, que considerou que Vox supón "unha ameaza ao modero de país e sociedade" construída en España "a longo da últimas década".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE