Candidato ao Colexio de Médicos da Coruña denuncia presunta fraude nas eleccións (VÍDEO)
Ademais, esíxelle unha rectificación dos "comentarios sobre a miña persoa". Abel Vázquez durante o seu videocomunicadoLa citada Xunta proclamou vencedor o 28 de outubro ao outro candidato, Luciano Vidán, que se presentaba á releción, tras a renuncia de Vázquez o día antes do inicio do voto presencial, ante as presuntas irregularidades detectadas. A Xunta proclamou a Vidán ese mesmo día e foi máis aló, publicando un durísimo comunicado no que acusa a Vázquez de poñer en dúbida a honra da institución, a Xunta e os traballadores.
A polémica polas supostas irregularidades nas eleccións ao Colexio Oficial de Médicos de A Coruña aumena . As urnas non estaban correctamente precintadas e incumpriuse o calendario electoral, denuncia o ex-candidato Abel Vázquez González nun videocomunicado ao que tivo acceso Galiciapress. Presuntas irregularidades que a Xunta Electoral nega completamente.
Vázquez adianta tamén "máis accións" para lograr que a Xunta Electoral repita os comicios. Ademais, esíxelle unha rectificación dos "comentarios sobre a miña persoa".
Abel Vázquez durante o seu videocomunicado
A citada Xunta proclamou vencedor o 28 de outubro ao outro candidato, Luciano Vidán, que se presentaba á releción, tras a renuncia de Vázquez o día antes do inicio do voto presencial, ante as presuntas irregularidades detectadas.
A Xunta proclamou a Vidán ese mesmo día e foi máis aló, publicando un durísimo comunicado no que acusa a Vázquez de poñer en dúbida a honra da institución, a Xunta e os traballadores. Tamén advertía ao candidato de posibles accións legais ante as súas acusacións "falsas e tendenciosas".
ESTABAN BEN PECHADAS As URNAS?
Entre outras cousas, argumentaba que as urnas estaban pechadas con cadeados e que as chaves só as tiñan os membros da Xunta.
Unha forma de pechalas que o candidato retirado non acepta. Como tampouco acepta os cualificativos vertidos contra el.
SUPOSTAS AMEAZAS E VEXACIÓNS
Acusa á Xunta de "vexar e insultar a un colexiado por exercer o seu dereito para presentar unha reclamación" e razoa que isto lle podería suceder a calquera médico.
No comunicado reprocha á Xunta que o vexou " publicamente" e amenazouno polo que, tras solicitar unha rectificación e non recibir resposta, di non queda outra opción que tomar medidas. "Non imos deixalo aquí", conclúe.
Escribe o teu comentario