​"Visiten o lugar no que estaban as Dunas de Corrubedo": así será o Barbanza en 30 anos


O estudo científico publicado pola revista de divulgación científica Nature anuncia que a subida do nivel do mar no próximas tres décadas pon en xaque a vida de 300 millóns de persoas que residen en zonas costeiras. Zonas que, de manter o ritmo de contaminación actual, quedarían mergulladas pola auga. Se no artigo anterior Galiciapress alertaba do efecto que esta subida pode ter para cidades como A Coruña ou Vigo, agora poñemos o foco na comarca do Barbanza, que conta con algunhas xoias do patrimonio ecolóxico e cultural galego. 


|

O estudo científico publicado pola revista de divulgación científica Nature anuncia que a subida do nivel do mar no próximas tres décadas pon en xaque a vida de 300 millóns de persoas que residen en zonas costeiras. Zonas que, de manter o ritmo de contaminación actual, quedarían mergulladas pola auga. Se no artigo anterior Galiciapress alertaba do efecto que esta subida pode ter para cidades como A Coruña ou Vigo, agora poñemos o foco na comarca do Barbanza, que conta con algunhas xoias do patrimonio ecolóxico e cultural galego.  


Parque dunar

O mar ameaza o Parque dunar de Corrubedo


O Parque Natural dunas de Corrubedo é un das paraxes máis belas da xeografía galega. Está clasificada como Zona Ramsar (Zona Húmida de Importancia Internacional). Localizado xunto ás lagoas de Carregal e Vixán, o parque corre o risco de desaparecer nos próximos anos. Segundo os mapas, a subida do nivel do mar deixará a zona completamente asolagada, xa que o mar penetraría máis dun quilómetro no interior, destruíndo o hábitat do 70% das especies de anfibios de Galicia ou das máis de 2.000 aves pertencentes ás máis de 35 especies que poboan a zona. Esta subida non só tería efectos desastrosos sobre a paraxe, senón que a parroquia de Corrubedo tamén se verá moi afectada e todas as vivendas próximas ao mar quedarán mergulladas.


E o futuro non pinta mellor para as localidades veciñas. O que hoxe coñecemos como Aguiño quedaría totalmente illado, literalmente, xa que o mar cubrirá a lagoa de Vixán e o ata o rego de Listres, convertendo esta parroquia de Ribeira nunha illa. O campo de fútbol, o peirao e todos os domicilios próximos á Praia do Castro e a desembocadura do Lestres pasarán a ser ocupadas pola fauna mariña.


As previsións para o resto de Ribeira non son moito mellores: o peirao e o porto deportivo quedarán destruídos e desaparecerá toda a zona de Coroso nun escenario onde sería imposible a comunicación entre Ribeira e Palmeira.


Praia de coroso

Efecto da subida do nivel do mar en Coroso


A Pobra do Caramiñal

Tamén será necesario construír unha ponte entre A Pobra do Caramiñal e Palmeira, xa que a zona da Corna, cunhas condicións ecolóxicas moi similares ás do Parque de Corrubedo, non se libraría da subida das augas. Os humidais das Xunqueiras e toda a fachada costeira do municipio pobrense converterán ao municipio na Atlántida galega, xa que o océano Atlántico comerase non só o porto atunero máis importante de Europa e todo o terreo gañado ao mar cos anos, senón que tamén ameaza o centro de saúde ou a biblioteca pública, así como a conserveira Escurís, un dos principais motores económicos da zona.


A pobra do caramiu00f1ao

Efectos da subida do mar na Pobra


BOIRO

Os veciños de Boiro tamén quedarán sen centro de saúde, como A Pobra, pero ademais perderán toda a Praia de Barraña, principal atractivo turístico da localidade. Con todo, a zona máis afectada de Boiro é a que corresponde á parroquia de Cabo de Cruz: a zona portuaria, Carragueiros, Ladeira...quedarán a mercede do mar, que mesmo converterá a unha parte de Cabo de Cruz nunha illa. Mesmo destino para Escarabote e Abanqueiro, onde aínda podemos ver casas que viven porta con porta co mar e a area.


Cabo de cruz

Parte de Cabo de Cruz converterase nunha illa segundo os cientificos 


En 2050 tampouco existirán os Castros de Neixón, que igual que os Castros de Baroña (Porto do Son, perdéndose así un dos valores patrimoniais e culturais máis importantes de Galicia.


RIANXO

A localidade de Rianxo sería unha das menos afectadas pola subida do nivel do mar. Como o resto, vería ameazada a súa fachada marítima e perdería a zona portuaria, pero os efectos -salvo na Praia do Porrón ou Punta do Castro- non serán tan devastadores como no resto de municipios do Barbanza.


Rianxo

Zonas de Rianxo afectadas


Esta nova perspectiva, que triplica as estimacións que había ata o momento sobre a subida do nivel do mar teniendo en cuenta o nivel de contaminación de gases de efecto invernadoiro actual e o ritmo de desxeo dos polos, deixa só en España a máis de 200.000 persoas en risco e Galicia é un dos territorios máis afectados con cambios demoledores na súa xeografía e que repercutirán necesariamente na economía e o turismo de toda a zona segundo as novas previsións...se seguimos sen facer nada para evitalo, claro. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE