Máis de medio millón de euros de premio en Valdoviño grazas á ONCE
O cupón diario da ONCE repartiu 560.000 euros na localidade coruñesa de Valdoviño, en 16 cupóns premiados con 35.000 euros cada un no sorteo do 29 de outubro.
O cupón diario da ONCE repartiu 560.000 euros na localidade coruñesa de Valdoviño, en 16 cupóns premiados con 35.000 euros cada un no sorteo do 29 de outubro.
Cupóns da ONCE
Segundo informou a ONCE, Juan José Padín Naranjo é o vendedor da entidade que levou a sorte a Valdoviño, ao repartir 560.000 euros entre 16 dos seus clientes habituais que acoden ao seu punto de venda, situado no Paseo Porta do Sol, no centro de Valdoviño.
Padín é un vendedor da ONCE que comercializa os produtos de xogo no roteiro de venda entre Barreiro e Valdoviño, localidade, esta última, na que repartiu os premios, destacou a organización.
O cupón da ONCE do 29 de outubro, dedicado á Confederación Parálise Cerebral (Aspace), tamén deixou premios na Comunidad de Madrid, Cataluña, Castela e León, Canarias e Andalucía.
Escribe o teu comentario