Vixiantes alertan da inseguridade nos partidos do Deportivo do estadio de Riazor
FTSP-USO pon o foco en Vicente Aparicio, actual Director de Seguridade do Real Club Deportivo da Coruña e da Univesidad da Coruña.
O principal sindicato entre os vixiantes de seguridade denunciou hoxe que "a seguridade en Riazor foi reducida á mínima expresión desde o inicio da actual Liga". FTSP-USO asegura que co actual persoal é imposible garantir o control de entrada de obxectos perigosos ao estadio.
A central explica que se na pasada tempada prestaban servizo en Riazor uns 40 vixiantes, na actualidade apenas uns 20 pódense ver nun partido do primeiro equipo. Segundo os seus datos, cada traballador debe filtrar os espectadores de 4 ou 5 accesos en solitario.
Pixhere / JJcernadas
FTSP-USO pon o foco en Vicente Aparicio, actual Director de Seguridade do Real Club Deportivo da Coruña e da Univesidade da Coruña. Acúsano, entre outras cousas, de permitir que vixiantes desarmados presten servizo na UDC en postos que o concurso público designaba para profesionais armados. Tamén aseguran que no CD Lugo facilitou casos de "intrusimo profesional".
Nin Aparicio nin o RC Deportivo da Coruña responderon por agora a estas acusacións.
Escribe o teu comentario