Pillada unha banda acusada de roubar por toda Galicia usando nenos

A Garda Civil e a Policía Nacional, nun operativo conxunto, desarticularon unha banda itinerante composta por tres persoas ás que se lles atribúen polo menos oito roubos en Galicia, ademais doutros delitos no territorio nacional, para os que utilizaban a nenos de pouca idade.

|

Os menores despistaban a comerciantes ou se coaban por pequenos ocos


A Garda Civil e a Policía Nacional, nun operativo conxunto, desarticularon unha banda itinerante composta por tres persoas ás que se lles atribúen polo menos oito roubos en Galicia, ademais doutros delitos no territorio nacional, para os que utilizaban a nenos de pouca idade.


Coche Policía Nacional



En concreto, segundo explicou a Policía, os tres detidos dedicábanse a roubar en establecementos comerciais de distintos puntos e empregaban a dous nenos de sete e nove anos para entrar en lugares angostos ou para despistar aos empregados.


A investigación iniciouse despois de ter coñecemento dun roubo nunha xoiería de Pontecesures (Pontevedra), de onde se subtraeron xoias por valor de 30.000 euros. Tras dar a voz de alarma, os axentes interceptaron aos sospeitosos en Pontevedra cidade, polo que os identificaron e constataron que portaban documentación falsa.

Ao establecer a súa verdadeira identidade, os axentes comprobaron que tiñan en vigor ordes de detención de distintos xulgados españois. Ademais, no cacheo, interviñéronselles dous feixes de billetes, un de 880 euros e outro de 90 euros, así como varias xoias, algunhas aínda coas etiquetas.

En compañía dos tres detidos había dous nenos de sete e nove anos, que os axentes consideran que a banda utilizaba para cometer os roubos. Foron entregados a outros familiares para que se fixesen cargo da súa custodia.

MÁIS FEITOS DELITUOSOS
As investigacións realizadas ao redor desta banda de ladróns permitiron aos axentes identificar a súa participación en polo menos outros sete feitos delituosos.

En concreto, a Garda Civil apunta a súa intervención en catro furtos, dous en xoierías e dúas en farmacias dos concellos de Sigueiro (A Coruña), Outeiro de Rei e Guitiriz (Lugo) e Pontecesures.

Pola súa banda, a Policía considéraos autores dun furto nun estanco de Pontevedra ocorrido en abril, do que levaron 1.400 euros en efectivo; dun roubo sucedido en Marín (Pontevedra) en xuño, de onde subtraeron 15.000 euros en xoias; e dun roubo nun establecemento comercial na Coruña, onde dúas mulleres con dous menores levaron 1.100 euros.

DETIDO EN BURELA
Por outra banda, a Garda Civil de Lugo informou da detención en Burela dun veciño de Barreiros de 34 anos como autor dun suposto delito de lesións.

Segundo a información do corpo, o home está acusado de agredir a unha persoa, que necesitou puntos de sutura tras os golpes.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE