A USC mide o consumo de droga dos composteláns analizando a auga dos desaugadoiros

A análise das augas residuais xeradas por preto de 60 millóns de persoas de 120 cidades de 37 países (14 en Europa) centra un estudo participado pola USC que permitiu determinar que a cocaína é a droga máis consumida no suroeste europeo, zona na que se inclúe a Galicia.

|

Os santiagueses consomen moitísima máis cocaína que anfetaminas ou MDMA. Esta é unha das conclusións de un innovador estudo científico no que participaron universidades de case todos os continentes.


A análise das augas residuais xeradas por preto de 60 millóns de persoas de 120 cidades de 37 países (14 en Europa) centra un estudo participado pola USC que permitiu determinar que a cocaína é a droga máis consumida no suroeste europeo, zona na que se inclúe a Galicia.


Mapa do nu00famero de dose de catro de tipos de drogas atopadas nas augas residuais de diferentes cidades

Mapa do número de dósis das catro drogas analizadas nas augas residuais das diferetnes cidades




O informe, publicado na revista Addiction, avalía as tendencias espaciais de uso de catro substancias ilegais (anfetamina, metanfetamina, éxtase e cocaína) en base ao localizado nas augas residuais dos cidadáns.

Para iso, un grupo de investigadores, entre os que se atopan os integrantes do grupo de Cromatografía e Quimiometría da USC José Benito Quintana, Rosario Rodil, Rosa Montes e Iria González Mariño, analizaron a monitoraxe de augas residuais durante un período mínimo de sete días en campañas desenvoltas entre 2011 e 2017.

Mediante o análise da auga de entrada dunha estación depuradora de augas residuais (EDAR), e a partir da concentración da propia substancia e/ou dos metabolitos que se excretan por ouriños, pódese estimar a cantidade de droga consumida pola poboación. Esta metodoloxía aplicouse por ver primeira a nivel internacional no 2011 e, desde entón, o grupo de científicos SCORE realizou análise e recompilou datos dun número crecente de cidades ano tras ano.

Os resultados destas pescudas, informou a USC, confirman as grandes diferenzas que existen no uso de substancias psicoactivas no contexto mundial e, no caso de Europa, aínda que se advirten pautas de consumo diferenciadas, constátase que a cocaína segue sendo a droga dominante nas cidades do suroeste de o  continente (Suíza, Italia, Francia, España ou Reino Unido). Así mesmo, esta substancia experimentou un aumento destacado na maior parte das localidades obxecto de análises ás que fai referencia o artigo.

Así mesmo, os autores aprecian en Bélxica e nos Países Baixos un importante consumo de cocaína e anfetamina, unha substancia cuxa popularidade tamén se incrementou no Norte de Europa.


AS METANFETAMINAS TRIUNFAN NO LESTE DE EUROPA

O consumo de metanfetamina, aínda que menor que o das outras catro substancias estimulantes consideradas, é especialmente elevado en países do Leste (Eslovaquia, República Checa e Alemaña do Leste) e está a se expandir cara ao norte e ao centro de Europa. A éxtase, sen chegar a dominar ningún escenario dentro do consumo de substancias de abuso, tamén experimentou un aumento ao longo do período estudado.


A COCAÍNA É SECUNDARIA EN ESTADOS UNIDOS E EN ASIA

A diferenza do que ocorre en Europa, o consumo de metanfetamina é predominante nas cidades monitoradas en América do Norte (Estados Unidos e Canadá) e na rexión austral e asiática (Australia, Nova Zelandia e Corea do Sur), con niveis medios que superan con fartura os estimados en Europa do Leste. En América do Sur, a cocaína volve ser a substancia dominante, especialmente en Colombia e Martinica.


Cocainadroga

Incautación de droga




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE