Feijóo sostén que Galicia "nunca tivo tantas ambulancias" a pesar de que o atraso dunha custou a vida dun home

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou na sesión de control deste mércores que O Deza (Pontevedra) contará cunha nova ambulancia "situada en Lalín" e defendeu que "nunca na historia de Galicia houbo tantas" como agora, fronte ao BNG, que lle preguntou polo caso de Dozón, onde un home faleceu recentemente no campo da festa do Sisto. A ambulancia tardou en chegar 46 minutos desde que se recibiu a chamada no 061.


|

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou na sesión de control deste mércores que O Deza (Pontevedra) contará cunha nova ambulancia "situada en Lalín" e defendeu que "nunca na historia de Galicia houbo tantas" como agora, fronte ao BNG, que lle preguntou polo caso de Dozón, onde un home faleceu recentemente no campo da festa do Sisto. A ambulancia tardou en chegar 46 minutos desde que se recibiu a chamada no 061.


Fotos Xunta Presidente Pleno


Feijóo durante a súa intervención


"Teño que darlle unha mala noticia. Haberá unha nova ambulancia no Deza situada en Lalín. Seguro que para vostedes é unha mala noticia", trasladou o presidente á portavoz do BNG, Ana Pontón, ante quen lembrou que o novo concurso do 061 "está adxudicado desde setembro" --licitouse en abril-- e "isto xa estaba", polo que suxeriu que a nacionalista "debería documentarse" no canto de acudir ao Parlamento para "xogar coa dor da familia".

Posteriormente, fontes da Xunta precisaron a Europa Press que, aínda que a ambulancia é nova e non supón a recolocación doutro vehículo, a decisión da súa dotación non se tomou despois da morte do paciente de Dozón, senón que é unha mellora xa incluída na oferta que resultou adxudicataria do concurso (que se resolveu en setembro), polo que é previa ao falecemento rexistrado na localidade pontevedresa.

E é que familiares do home falecido en Dozón, Jesús Pérez García, seguiron a sesión de control desde a tribuna de invitados. Tanto Pontón, quen esixiu outra ambulancia medicalizada para a zona, como o presidente, referíronse a eles e Feijóo aproveitou para asegurar que se lles dará "unha explicación" do sucedido unha vez que se conclúa a investigación aberta por Sanidade.

Máis aló, Feijóo censurou a "demagoxia" do BNG e defendeu o incremento de medios en sanidade e, en concreto, no servizo do 061. "Querían que funcionase mal o 061, verdade que si?", preguntou aos nacionalistas.

Ao termo da sesión de control, Pontón pediu a palabra para esixir unha rectificación do presidente. "Dixo que o BNG quería que o 061 funcionase mal. Paréceme un auténtico despropósito", censurou a nacionalista, mentres que o xefe do Lexislativo, Miguel Santalices, replicó que "non procedía" a súa petición, dando por resolto o asunto.

"NUNCA MÁIS RECORTES QUE MATAN" 

Pola súa banda, Pontón arrincou a súa intervención aludindo ao caso de Dozón e tamén ao falecemento dun paciente no PAC da Estrada no verán do ano pasado, e lamentou que o Goberno da Xunta "solo demostrase ser eficaz cando se trata de favorecer o negocio privado, como no caso de Povisa".


"Nunca máis recortes que matan", proclamou Pontón, a quen Feijóo botou en cara que faga "demagoxia" con "a dor" dos galegos. Asegurou que a Xunta finalizará a investigación sobre o sucedido en Dozón e trasladaralles a información pertinente aos familiares do home falecido.


Ambulancias

Ambulancias do 061


Con todo, insistiu na explicación trasladada por Sanidade, que todas as ambulancias perimetrais --mencionou aos vehículos de Lalín, Silleda, A Estrada e O Carballiño-- estaban "ocupadas levando a pacientes a hospitais galegos", algúns, engadiu, con doenzas "vitais".

Neste punto defendeu o incremento de recursos para o novo contrato de ambulancias do 061 (ata 185 millóns de euros) e esgrimiu que "todas as familias galegas teñen o seu respecto", polo que "non" as usará "xamais" no debate político. Así mesmo, destacou que o barómetro sanitario evidencia que os galegos valoran mellor a sanidade que cando tomou as rendas da Xunta, en 2009.

EXPLICACIÓNS Á FAMILIA 

"Siga usando a sanidade para desprestixiar á sanidade, falar de recortes e de mortes. Alá vostede e a súa conciencia", espetou a Pontón, cuxa "constante manipulación" afeou. "Á familia de Jesús correspóndelle unha explicación que lle imos a dar

", engadiu Feijóo, antes de reivindicar a actuación do 061 en situacións como a do accidente ferroviario de Angrois ou en 'O Marisquiño'.


Pontón, pola súa banda, advertiu de que é "mentira" que os galegos "valoren mellor a sanidade". "Son os terceiros que peor a valoran, iso é o que di o barómetro que menciona", remarcou, antes de advertir que, se para o presidente é "demagoxia" denunciar "que os recortes matan", o BNG non deixará de facelo. "Se non rectifica, os galegos rectificarano nas urnas", augurou a dirixente nacionalista.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE