O cadáver de Franco será trasladado o 24 de outubro

|

Os restos do ditador deixarán de estar no mausoleo esta semana. A maquinaria necesaria xa se atopa no Val dos Caídos. O vindeiro xoves 24 de outubro ás 10:30 horas procederase á exhumación e reinhumación dos restos do ditador Francisco Franco, informou a Presidencia do Goberno.

 

Tomba franco pintada pomba




Os restos serán trasladados ao panteón de Mingorrubio, no que xa está enterrada a súa viúva, Carmen Polo.


O Goberno detalla que procederá o próximo o vindeiro xoves a exhumar os restos do ditador da Basílica do Valle dos Caídos, "en cumprimento da Lei de Memoria Histórica de 2007, da proposición non de lei aprobada polo Congreso dos deputados en 2017 e dos acordos adoptados posteriormente polo executivo presidido por Pedro Sánchez en 2019".


Tanto a exhumación como a reinhumación levarán a cabo na intimidade, en presenza dos seus achegados, sinala Moncloa. 


A ministra de Xustiza en funcións, Dores Delgado, estará presente durante a exhumación, o traslado e o enterro de Franco na súa condición de notaria maior do Reino.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress