​Luís César toma o peor Deportivo da Coruña da historia

Os herculinos teñen algarismos moito peores que nos anos 74 e 80, tempadas negras do deportivismo que se consumaron co descenso á terceira categoría do fútbol nacional. 


|

Os herculinos teñen algarismos moito peores que nos anos 74 e 80, tempadas negras do deportivismo que se consumaron co descenso á terceira categoría do fútbol nacional.


Luís cesar bergantiu00f1vos

Luís César xunto a Bergantiños, capitán do Dépor


Traballo. Moito traballo ten por diante Luís César para endereitar o rumbo que leva o Deportivo da Coruña, un club coas alarmas soando por megafonía as 24 horas e as luces vermellas acesas, para que ninguén esqueza a importancia do momento. O técnico de Vilagarcía de Arousa tomou as rendas dun equipo que se dirixe cara ao abismo do fútbol español, tal e como indican as súas cifras, que o deixan pechacancelas e a dous puntos da permanencia, ademais de ser o equipo máis goleado de toda Segunda División.


Ante As Palmas os branquiazuis volveron mostrar a súa peor imaxe, como un equipo desordenado e sen pegada. Pero o máis preocupante xa non é só a mala imaxe do equipo, senón que a historia sitúao como o peor Deportivo da Coruña de todos, xa que nunca nas 41 campañas que o club militou na división de prata do fútbol español había tido unhas cifras tan pobres.


O Dépor, que non pechaba a clasificación de Segunda desde a tempada 83/84, nunca tivera tan poucos puntos tras once xornadas. Con 8 de 33 posibles e só unha vitoria, a conseguida na estrea ligueira en agosto, deixan á escuadra coruñesa con peores algarismos que os que cultivara a estas alturas en 1974 e 1980, anos nos que o equipo descendeu a Terceira División e Segunda División B.


Aínda que o equipo partía con obxectivos máis ambiciosos, o optimismo desapareceu por completo en Riazor e a afección branquiazul confórmase con manter a categoría e tentalo o ano que vén, xa que o pulso do equipo deixa entrever unha campaña moi complicada onde é imposible pelexar polo ascenso. O domingo ante o Málaga poden dar o primeiro paso cara á salvación, xa que o conxunto boquerón é un equipo en crise e nunha situación similar á dos galegos. Gañar podería supoñer saír momentaneamente do pozo e deixar de ser o peor Dépor da historia. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE