O 061 quedou sen un dos seus helicópteros varios días polo que multa á concesionaria

Fuentes oficiais da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirman a Galiciapress unha multa a Elliance. A concesionaria deixou ao 061 sen un dos seus dous helicópteros de emerxencias "durante aproximadamene 50 horas de voo".


|

Fontes oficiais da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirman a Galiciapress unha multa a Elliance. A concesionaria deixou ao 061 sen un dos seus dous helicópteros de emerxencias "durante aproximadamene 50 horas de voo".


Iso a pesar de que a adxudicación estipula que Elliance, en caso de avaría, debería poñer outro helicóptero ao servizo da Xunta "a partir das 48 horas de que se produza a avaría". 


Helicóptero 061 aeronave



Durante o tempo que houbo non aeronave, "a cobertura de urxencias e emerxencias estivo garantida por unha ambulancia do soporte vital avanzado (SVA), medicalizada polo equipo sanitario de quenda correspondente ao helicóptero".  


Logicamente, ningunha ambulancia pode desprazarse á velocidade dun helicóptero. O 061 sinala que, en todo caso, a substitución por unha ambulancia con SVA foi unha das melloras presentadas no seu día por Elliance na oferta coa que gañou o concurso.


Hai que lembrar que, precisamene, esa adxudicación non estivo exenta de polémica. Ata tres veces a Xunta tivo que adxudicar o contrato ante os constantes recursos da histórica prestadora do servizo, Babcock, antes coñecida como Inaer.


Segundo Economía Digital, a causa da avaría foi o choque das pas contra unha árbore durante un servizo.


A CALIDADE DO SERVIZO SEGUE SENDO A MESMA?

Esta sanción non é o único problema para a concesionaria. Inspección de Traballo abriu un proceso sancionador por non respectar os horarios de descanso dos técnicos. 


A Xunta adxudicou o contrato finalmente este ano por máis de 9 millóns de euros. Durante a súa tramitación, o proceoso levantou rebumbio político. Luís Villares de En Marea critió as "variacións á baixa na adxudicación" ao que a Xunta respondeu que as condicións de traballo mellorarían.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE