Traballadores do grupo da mina de Touro denuncian ausencia de control de metais pesados nos operarios e a empresa di que cumpre a Lei

Balsas de lodos en Río TintoSierra denunciou, segundo informa Diario de Huelva, que desde que a mina entrou en funcionamento non se han relizado controis de metais pesados nin aos traballadores nin ás subcontratas a pesar de que traballan con eles a miúdo.“En Riotinto séguese o protocolo que marca a Lei para controlar o ambiente no que traballan os empregados”, respondeu a empresa.


|

Atalaia Minning leva catro anos sen realizar controis de metais pesados aos seus operarios en Río Tinto. Así o denunciou o responsable do Comité de Empresa, Marcos Sierra, do sindicato USO.


Atalaia Minning é o grupo que financia a reapertura da mina de Cobre en Touro - O Pino. De saír adiante, xestionaraa case por completo, ao comprar case todo o accionariado da titular dos dereitos, Cobre San Rafael. Ata entón, a única mina que ten a multinacional activa é a citada gran explotación onubense.


Riotinto atalaia mining

Balsas de lodos en Río Tinto


Sierra denunciou, segundo informa Diario de Huelva, que desde que a mina entrou en funcionamento non se han relizado controis de metais pesados nin aos traballadores nin ás subcontratas a pesar de que traballan con eles a miúdo.


“En Riotinto séguese o protocolo que marca a Lei para controlar o ambiente no que traballan os empregados”, respondeu a empresa. A multiancional rexistrada en Chipre asegura que ata o de agora non houbo incidencias respecto a os metais pesados.


Ao parecer, se se fan análise de metais pesados na contorna da mina, pero non no sangue e ouriños dos proletarios. Situación que cualifican de "terceiromundista". Reclaman ademais que a roupa de traballo non se lave en casa para evitar contaminación e verteduras á rede pública.


A polémica saltou á area política local, ao pedir EU que as autoridades interveñan.


A potencial contaminación con metais pesados é, precisamente, un dos argumentos que enarboran os críticos co Proxecto Touro. 




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE