Árbore caída causa problemas no tren entre Vigo e Ourense
Unha árbore caída na vía provocou detencións e atrasos este domingo no tramo entre Vigo e Ourense realizado por tres liñas de tren, segundo informan a Europa Press fontes de Adif. 
Ademais deste servizo, quedou afectado o de media distancia que fai o roteiro Vigo-Ourense, cuxos pasaxeiros tiveron que baixarse no Porriño para ser levados ata a cidade das Burgas en autobús.
Tamén foi cortado o servizo do tren 'intercity' entre Vigo e Bilbao, que pasa por Ourense. Quedou detido desde as 10,00 da mañá en Guillarei.
A previsión de Adif é que a vía estea de novo operativa a partir das 12,00 horas. O temporal que este domingo afecta as provincias do sur de Galicia foi o culpable da caída desta árbore que provocou senllas incidencias no servizo ferroviario.
Escribe o teu comentario