"Nin as formas gardan", Noriega critica a filtración das sentenza de Cataluña
Ningún dos líderes políticos autonómicos tomou posición por agora ante a filtración da sentenza do Procés en Cataluña. Segundo o coñecido hoxe, os políticos presos libraranse da pena de sedición, pero serán condenados por rebelión. Aqueles que reciban as sentenzas máis duras poderían ser condenados a entre 13 e 15 anos de condena.
Ningún dos líderes políticos autonómicos tomou posición por agora ante a filtración da sentenza do Procés en Cataluña. Segundo o coñecido hoxe, os políticos presos libraranse da pena de rebelión, pero serán condenados por sedición. Aqueles que reciban as sentenzas máis duras poderían ser condenados a entre 10 e 15 anos de cárcere.
En Galicia, por agora un dos poucos que tomou a palabra foi Mantiño Noriega. O ex-alcalde de Santiago e portavoz de Compostela Aberta criticou tanto o contido como a forma de coñecerse a setencia.
"Nin as formas gardan" laméntase o militante de ANOVA antes de apuntar a que vivimos "tempos ateigados de tristura":
A democracia estreita e ou estado de (non)dereito deben de estar de barra libre na festa dá hispanidade, que nin as formas gardan, filtración mediante.Tempos ateigados de tristura.https://t.co/OTECCwr9I7
— Martiño Noriega (@martinhonoriega) October 12, 2019
Outra figura relevante da política galega que se pronunciou foi Carolina Bescansa. A cabeza de lista de Máis País pola Coruña, asegurou que é "demasiado grave e transcendente" o xuízo aos dirixentes independentistas cataláns como para "especular" sobre a posible sentenza. Tras lamentar que se "especule" sobre cuestións "que aínda non son oficiais", Bescansa apelou a ter "altura de miras" para "entender que ocorra o que ocorra coa sentenza, a crise territorial española e a crise política catalá non a teñen que resolver os xulgados senón que a teñen que resolver os políticos".
Escribe o teu comentario