Golpe final a un estaleiro cun século de historia: o xuíz extingue os 70 contratos que quedaban en Vulcano

O xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou este mércores auto no que determina a extinción colectiva de contratos dos traballadores de Vulcano (algo menos de 70 operarios), que serán indemnizados, tal e como establece a lexislación, con 20 días por ano traballado ata un máximo dunha anualidade.

|

De nada serviron as promesas das administracións de buscar un investidor. A Xustiza extinguiu a relación laboral dos últimos traballadores, que levan meses de loita, do histórico estaleiro de Vigo. Cidade cuxo sector naval tamén treme ante a crise de Barreiras.


O xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou este mércores auto no que determina a extinción colectiva de contratos dos traballadores de Vulcano (algo menos de 70 operarios), que serán indemnizados, tal e como establece a lexislación, con 20 días por ano traballado ata un máximo dunha anualidade.



Traballadores de Vulcano e representantes políticos da oposición concéntranse fronte ao Parlamento de Galicia para reclamar

Unha pasada protesta dos traballadores de Vulcano


Segundo o auto, ao que tivo acceso Europa Press, o administrador concursal do estaleiro vigués solicitou a extinción colectiva de contratos o pasado 24 de xullo e o período de consultas finalizou sen que houbese acordo.


A ese respecto, os traballadores solicitaban que se aplicase ao persoal un Expediente de Regulación de Emprego temporal, á espera de que aparecese un investidor que puidese manter o emprego e a actividade industrial en Vulcano, que este ano cumpre 100 anos.


UNHA EMPRESA "INVIABLE"

Con todo, no seu auto, o maxistrado expón que se cumpren os requisitos para determinar a extinción dos contratos: "Danse as circunstancias obxectivas económicas e de falta de produtividade para a admisión da solicitude de despedimento colectivo".

O xuíz tamén sinala que a aplicación dun ERE temporal é "inviable" pola "falta obxectiva de produtividade" e "a non existencia de expectativas reais de mantemento da actividade, por non concreción de oferta algunha".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE