C's denuncia a Jácome por prevaricar e Democracia Ourensá cuestiona a publicidade do Concello en medios que se fixeron eco do caso
Os laranxas entenden que o edil tiña a obrigación legal de apartarse da tramitación do expediente, dada a súa condición de interesado. O partido da oposición asegura que o alcalde debería, polo menos, elevar unha consulta á administración superior nesta materia, neste caso a Sudelegación do Goberno. A pesar diso, Irene Aguilar, letrada de Cidadáns, explicou á prensa que o alcalde "resolve un expediente no seu propio beneficio".
O caso da multa de aparcamento ao alcalde de Ourense chegou hoxe aos xulgados. Cidadáns Ourense presentou unha denuncia por un posible delito de prevaricación contra Gonzalez Pérez Jácome.
Os laranxas entenden que o edil tiña a obrigación legal de apartarse da tramitación do expediente, dada a súa condición de interesado. O partido da oposición asegura que o alcalde debería, polo menos, ter elevado unha consulta á administración superior nesta materia, neste caso a Sudelegación do Goberno. A pesar diso, Irene Aguilar, letrada de Cidadáns, explicou á prensa que o alcalde "resolve un expediente no seu propio beneficio".
Jácome e un edil de Cidadáns debatendo durante o último pleno
Como adiantou en primicia no seu día Galiciapress, o Concello retirou a multa a Jácome despois de que o Policía Local sancionador cambiase a súa versión. Ao ser un asunto de Seguridade Cidadá, foi unha concelleira da súa mesmo partido, Democracia Ourensá, quen asinou a proposta da súa resolución.
Un asunto puramente normal e burocrático, defenden voceiros oficiais Democracia Ourensá no concello consultados por Galiciapress. De acordo ao seu relato, o alcalde, como cidadán, recorreu a multa, e o axente involucrado rectificou -despois do alcalde ameazase varias veces con abrir expedientes contra unha suposta "mafia policial"-, polo que nin a concelleira nin o alcalde podían facer outra cousa que rubricar o trámite legal pertinente para levantar multa, so pena de prevaricar.
"Eu aleguei como cidadán normal e quen resolveu foi, obviamente, os técnicos deste Concello, e despois haberá que asinar, como se asinan centos de cousas, a concelleira ou eu, dicir a partir de aí que eu me anulo a multa, é manipular. Como vou resolver eu as alegacións se non teño competencia e é ilegal? O único que podo facer é asinar unha vez que asine o técnico correspondente; asinar o que xa escribe o técnico, por Deus!", argumentou Jácome o pasado venres. Foi no tenso pleno do Concello, cando Cidadáns preguntoulle e acusoulle de considerarse por encima da lei por "resolver as súas propias sancións de tráfico" e "conducir falando por teléfono sen usar o mans libres".
A interpretación do alcalde difire da esgrimida por Cidadáns e tamén da explicada por parte da prensa local. Varios medios de Ourense apuntaron nos seus titulares que o alcalde se quitaba a multa a si mesmo.
Punto de vista que levantou as iras do partido localista. No seu Facebook advertiu que "se no prazo de tres días, unha vez notificados os tres periódicos non proceden a rectificar, o alcalde recorrerá á Xustiza":
AMEAZA VELADA DE RETIRAR A PUBLICIDADE DESAPARECE DO FACEBOOK
Segundo informou La Región, Democracia Ourensá foi un paso máis aló e ameazou entre liñas con retirar a publicidade do Concello "a unha prensa escrita que mente".
Nun post no Facebook do partido localista, ao parecer eliminado posteriormente do seu muro, acusa os medios de distorsionar a realidade e querer "diñeiro para perpetuar e difundir aínda mais".
Escribe o teu comentario