Apedrean a cristaleira da sede de Cidadáns en Santiago de Compostela

A sede de Cidadáns en Santiago de Compostela amenceu na mañá deste luns cun cristal roto, un acto vandálico que se suma ao sufrido no mesmo lugar a finais do pasado mes de abril.

|

A sede de Cidadáns en Santiago de Compostela amenceu na mañá deste luns cun cristal roto, un acto vandálico que se suma ao sufrido no mesmo lugar a finais do pasado mes de abril.


Acto vandálico contra a sede de Cidadáns en Santiago de Compostela

Sede da foración laranxa

Diso informa a formación laranxa nun comunicado no que, a través do seu secretario de Organización, Laureano Bermejo, sinala que os feitos foron denunciados ante a Policía Nacional.


Bermejo lamenta o sucedido e lembra que o anterior episodio de danos na súa sede da capital de Galicia produciuse durante a campaña das eleccións xerais do mes de abril.

"É unha pena ter que asistir de novo a un feito así, ser vítimas de actos vandálicos duns poucos que só demostra a falta de respecto e sentido da democracia que teñen algúns", sinalou o tamén edil de Cs en Santiago.

Así as cousas, apela a "seguir traballando con máis forza" en resposta aos que "queren calar" ao partido que lidera Albert Rivera.

"Seguiremos traballando con máis ganas e sempre en favor da defensa dos dereitos e intereses de todos os cidadáns. Estamos máis que nunca nun momento de unión e isto é un ataque de só uns poucos á democracia", aseverou Bermejo.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE