Vitoria dunha traballadora eventual na súa loita contra Citroën PSA Vigo, que debe facela fixa
O sindicato CUT informou este xoves da readmisión dunha traballadora eventual de PSA Vigo, despois de que os tribunais considerasen nulo o seu despedimento, e obrigasen á súa reincorporación á planta, esta vez como traballadora indefinida.
O sindicato CUT informou este xoves da readmisión dunha traballadora eventual de PSA Vigo, despois dos tribunais considerasen nulo o seu despedimento, e obrigasen á súa reincorporación á planta, esta vez como traballadora indefinida.
O portavoz do sindicato na planta, Mariño, acompañado pola propia traballadora, explicou este xoves ás portas da factoría, que esta operaria encadeou varios contratos temporais "en fraude de lei", tal e como se recolle na sentenza.
A empresa modificou o seu nivel profesional e rebaixou o seu salario (pasou dun nivel 4 a un nivel 1B) no seu último contrato eventual, que concluíu xusto dous días antes da celebración do xuízo pola demanda interposta pola traballadora.
A resolución do xulgado sinala que "a temporalidade do contrato de traballo é plenamente fraudulenta, debido a que non se causalizaron debidamente os diferentes cambios de circunstancias que se foron sucedendo", e a CUT denunciou que a utilización deste tipo de contratos, "con cláusulas empregadas de forma abusiva e fraudulenta" é "unha constante" na fábrica viguesa.
Tamén criticaron que a empresa "abusa" da contratación temporal para "mover funcionalmente" á traballadora segundo as necesidades da planta, pero dentro dunha "actividade permanente".
Por iso, informaron, a Xustiza deu a razón á empregada, polo encadenamiento de contratos eventuais e, segundo a CUT, ábrese a porta "a que moitas persoas en situación de eventualidade poidan ter a posibilidade de regularizar a súa situación" na fábrica viguesa.
Escribe o teu comentario