Detido un veciño de Xinzo con droga valorada en 45.000 euros
A Garda Civil de Xinzo de Limia (Ourense) detivo a un mozo veciño deste municipio por tráfico de drogas ao intervirlle cogollos de marihuana nun secadero situado nunha chabola próxima á súa vivenda.
A Garda Civil de Xinzo de Limia (Ourense) detivo a un mozo veciño deste municipio por tráfico de drogas ao intervirlle cogollos de marihuana nun secadero situado nunha chabola próxima á súa vivenda.
Así o informou o Instituto Armado, que explicou que ás 10,30 horas deste martes 24 foi detido M.J.J., de 30 anos de idade e veciño das Riscas, en Xinzo, como presunto autor dun delito de tráfico de drogas.
Ao individuo acháronlle 9.110 gramos de cogollos de marihuana nunha chabola nas inmediacións á súa vivenda, que era usada como secadero.
O prezo da droga no mercado ascende a 45.000 euros, destacaron as mesmas fontes da Benemérita. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Xinzo de Limia.
Escribe o teu comentario