(VÍDEOS) 'Tristan Téllez', un videoxogo ambientado en Allariz, dará 20.000 euros ao primeiro que consiga pasarllo

O xogo estará dispoñible para os subscritores a partir das 12 horas do próximo 14 de decembro.


|

Tristan tellez
Tristan Téllez

 

Gamers, deixade ao carón do GTA V, o Elden Ring e a FIFA, porque seguramente estes xogos non vos vai a sacar de pobres. É posible que o videoxogo do que imos falar agora tampouco, pero pode darlle unha alegría á conta corrente se o superamos, porque o xogo 'Tristan Tellez', desenvolvido polo enxeñeiro Javier Cid Romero, recrea a monumental vila de Allariz e esconde uns acertijos que, si somos os primeiros en resolvelos, farannos gañar 20.000 euros.

 

 

SERÁ POSIBLE PASALO? 

Non se trata dun debutante, xa que é a segunda parte dun xogo ao que, como recoñece o seu propio creador, "non xogou nin deus", aínda que entón o premio por resolver o enigma escondido na Ribeira Sacra era de 5.000 euros ao primeiro que se pasase o xogo. Con esta nova iniciativa, o 'Tristán Tellez', dispoñible a partir do 14 de decembro, promete ser un bombazo no mundo dos videoxogos, xa que o premio é o suficientemente suxestivo como para espertar o interese de moitos curiosos. 

 

 

Con este incentivo, os xogadores mergullaranse en Allariz, recreada milímetro a milímetro para a ocasión. As pistas para resolver os acertijos están dispostas ao longo de toda a localidade, o que obrigará ao usuario a explorar cada recuncho do municipio auriense, pasando polos seus lugares máis emblemáticos, monumentos e empedradas rúas. Cada cartel, cada muro, cada pegada, cada pedra tallada, até o máis insignificante detalle poida que sexa a chave dos 20.000 euros. 

 

"Tristán xa coñece os catro elementos. Lume, terra, aire e auga. E a súa representación divina, que en palabras de Empédocles: 'Zeus, o brillante. Hera, dadora de vida. Aidoneo, o invisible e Nestis que coas súas bágoas fai brotar a fonte mortal. Son eles mesmos, pero correndo a través doutros, vólvense de aparencia diversa. Até tal punto se transmutan pola mestura' Que significan estas palabras do filósofo heleno Avanzará Tristán na procura dese coñecemento velado para o non iniciados? Para que lle servirá a peza que conseguiu no primeiro capítulo? Descubrirá en Allariz que relación ten co que lle espera neste segundo?", explican desde a web do videoxogo como proposta desta segunda parte da trama, onde unha conta atrás convídanos a participar no reto.

 

"Cada capítulo de 'Tristán Téllez' deseñouse coidadosamente para ofrecer unha experiencia inmersiva e única", garanten os creadores, á vez que convidan a xogar aos capítulos anteriores antes de que saia en exclusiva esta nova edición ás 12 horas do sábado 14 de decembro, só dispoñible para aqueles que paguen os 5 euros que costa a subscrición. Os creadores xa advirten que o premio é algo, pero o labor non será sinxela. 

 

A lóxica e o enxeño serán as que conduzan a un só gañador até os 20.000 euros. "Isto non é Fortnite. Isto é un reto intelectual, queremos porche a proba de verdade. Pedímosche que busques, interpretes, leas e entendas. As claves están dentro do xogo, pero as solucións que necesitas non necesariamente están dentro". Que comece o xogo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE