Bidóns con falsos explosivos nas sedes do Ministerio do Interior, ERC, Òmnium e ANC en Barcelona

Parece ser unha resposta á detención e acusación de terrorismo contra un grupo de activistas dos CDR aos que a Garda Civil di que incautou compostos químicos para fabricar explosivos. Os bidóns contiñan un líquido verde e levaban inscritos a bandeira de España e as siglas "TNT".  Os Mosos retiráronos xa sen que tivesen que intervir os TEDAX.

|

Bidu00f3n na sede de Omniu cultural nunha imaxe de tv3

Òmnium Cultural, ERC e ANC atoparon a mañá deste mércores bidóns con líquido sospeitoso ante as súas sedes, en Barcelona, e os Mossos d'Esquadra acordoaron tanto a rúa Diputació -Òmnium- como Calàbria -ERC-.

Segundo informou Òmnium, o bidón apareceu de madrugada e os Mossos d'Esquadra activaron os protocolos e dispositivos habituais nestes casos, e a previsión é que "en breve a situación volva á normalidade".

Desde ERC comunicaron que atoparon un bidón con líquido no seu interior, un obxecto que coincide coa descrición que Òmnium fixo do seu achado, e tamén na sede da ANC apareceu, horas antes, unha garrafa que foi requisada pola policía catalá.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario

He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE