Judas Priest e Korn acompañarán a System of a Down no Resurrection Fest
Tras a primeira confirmación de System of a Down, o Resurrection Fest Estrela Galicia 2020 volve á carga este luns cunha extensa quenda de confirmacións encabezada por Judas Priest -vira 50 aniversario- e Korn -único festival en España-.

Tamén se apuntan ao festival galego Meshuggah, Heaven shall burn, Madball, Sepultura, Jinjer, Dagoba, Dark Funeral, Beyond the Black, Knocked Loose, Belvedere, Lionheart, Our hollow our home, Amenra, Elder, The Atomic Btichwax, Hamlet, Blowfuse, Onza, Vita Imana, Thirteen Bled Promises e Cannibal Grandpa.
As entradas para o festival, que celebrará o seu 15 aniversario no emprazamento tradicional de Viveiro (Lugo) do 1 ao 4 de xullo, poñeranse á venda o 1 de outubro ás 11,00 horas.
Escribe o teu comentario