En Marea presentarase ás xerais a pesar do trompazo nos anteriores comicios

A formación En Marea presentarase ás próximas eleccións xerais do 10 de novembro e fixo un chamamento a todas as forzas políticas progresistas galegas para crear unha "candidatura única" que facilite un goberno de esquerdas e faga fronte ás "principais emerxencias que vive Galicia".

|

A formación En Marea presentarase ás próximas eleccións xerais do 10 de novembro e fixo un chamamento a todas as forzas políticas progresistas galegas para crear unha "candidatura única" que facilite un goberno de esquerdas e faga fronte ás "principais emerxencias que vive Galicia".


Rolda de prensa do portavoz de En Marea, Luís Villares


Despois da ruptura do partido instrumental En Marea, no que se agrupaban Podemos Galicia, Esquerda Unida e Anova maioritariamente, e co que se presentaron ás eleccións xerais de 2015 e 2016, así como ás últimas galegas; agora o portavoz do partido En Marea, Luís Villares, apela a nova "unha alianza política galega".

A decisión de participar nestes novos comicios responde á "decepción provocada polas dúas forzas políticas responsables de non chegar a un acordo para gobernar, PSOE e Podemos", explicou Villares este sábado.

Desde a súa posición, a agrupación entende que "hai moitas persoas reformulándose o seu voto", por iso preséntanse como "a resposta ao desencanto" par evitar o "abstencionismo na esquerda e contribuír a fomentar a participación electoral da forma máis ilusionante posible".

Ademais, con esta decisión En Marea tamén quere "colocar a Galicia na primeira fila do discurso político" e sabe que este é "un desexo compartido por outras formacións", por este motivo fixo un chamamento a constituír unha forza conxunta que permita configurar "unha papeleta de voto que garanta a representación directa de cidadanía galega nas Cortes do Estado".

Ao mesmo tempo, o consello do partido tamén decidiu abrirse a "cooperar con forzas doutros espazos nacionais" para responder o "malestar que provoca" a repetición electoral e tendo como "punto de partida" o carácter "progresista" e as "respectivas axendas políticas nacionais".

Neste sentido, cabe lembrar que En Marea xa se presentou ás eleccións europeas nunha candidatura conxunta na que estaban outros partidos do Estado como Compromís. Unha agrupación que agora se move na órbita dunha posible candidatura con Máis Madrid.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE