​Xornada violeta en toda Galicia polas manifestacións contra o crime de Valga

Miles de persoas han abarrotados as rúas das principais cidades e localidades galegas para mostrar a repulsa do conxunto da sociedade contra a violencia machista, que o pasado luns golpeou con forza a localidade de Valga nun triplo crime que acabou coa vida de tres mulleres.


|

Miles de persoas han abarrotados as rúas das principais cidades e localidades galegas para mostrar a repulsa do conxunto da sociedade contra a violencia machista, que o pasado luns golpeou con forza a localidade de Valga nun triplo crime que acabou coa vida de tres mulleres.


Protesta en Compostela polo triplo asasinato de Valga

Centos de persoas marcharon en Santiago de Compostela


Sandra, María Elena e Alba son xa tres nomees que quedarán gravados para sempre na memoria colectiva e que engrosan as tristes páxinas da violencia machista. Na súa memoria, miles de persoas marcharon polas rúas de Galicia para demostrar, unha vez máis, o rexeitamento social que xeran este tipo de crimes, que deixaron dous nenos de sete e catro anos orfos.


Máis de 50 municipios galegos gritaron cunha mesma voz contra a secuela da violencia machista, con decenas de manifestacións que, na maioría dos casos, empezaron ás 20 horas.


MARCHA NA CAPITAL

Talvez a máis multitudinaria tivo lugar en Santiago de Compostela, onde a marcha arrincou como é habitual da Praza 8 de Marzo. Alí centos de persoas portaron pancartas e lemas para expresar a súa denuncia contra estes actos. 'Rebelión, desobediencia, contra súa violencia', 'Non á violencia machista, querémonos vivas' ou 'Polas que non están' foron algunhas das proclamas que se podían ler no acto.

Durante a marcha, un grupo de manifestantes colgou dun dos semáforos do percorrido o boneco dun home co lema 'Terrorismo machista' colgado do pescozo. Mentres isto sucedía, escoitáronse berros como 'Ti, machista, estás na nosa lista'.


Machismo manifestacion santiago

Boneco colgado dun semaforo na capital


AUTORIDADES

Na manifestación da capital estiveron presentes algunhas das personalidades da política galega, como a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, ou o alcalde compostelán, o socialista Sánchez Bugallo.


Todos quixeron arroupar aos familiares e amigos das vítimas dun crime que converteu a Sandra -exmujer do asasino confeso- na vítima número 42 da violencia machista no que vai de ano e na terceira na comunidade galega. Ademais, cabe lembrar, que a lexislación actual só contabiliza á exmujer como vítima de violencia de xénero, e non así á nai e a irmá da vítima, ás que tamén quitou a vida o exmarido de Sandra. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE