(VÍDEO) A USC abre dous expedientes por novatadas nun colexio maior

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) acordou abrir dous expedientes sancionadores por senllos casos de novatadas acontecidos nun colexio maior da capital galega ao longo desta semana, a primeira do curso universitario 2019/20.

|

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) acordou abrir dous expedientes sancionadores por senllos casos de novatadas acontecidos nun colexio maior da capital galega ao longo desta semana, a primeira do curso universitario 2019/20.


Novatadas


Os casos de novatadas están a activar alertas en toda España


Segundo confirmaron a Europa Press fontes da institución, un dos expedientes procede dunha denuncia efectuada por un estudante, mentres que no outro caso foi a propia universidade quen actuou de oficio.


Ambos os episodios ocorreron no colexio maior Fonseca, situado no Campus Sur. A universidade determinará agora as sancións para aplicar aos implicados nas novatadas, que poderían ser expulsados do Servizo Universitario de Residencias.


Fuentes da USC inciden en que a institución compostelá ten unha política de "tolencia cero" coas novatadas propias do inicio de curso.

De feito, a USC conta cun protocolo de prevención destes episodios e o alumnado que se aloxa nas residencias públicas recibe ao comezo de curso unha advertencia de que este tipo de actitudes están prohibidas e poden carrexar sancións.


CASOS EN TODA ESPAÑA

Con todo, a USC non é a única universidade que se enfronta a este tipo de situacións. En Madrid a Complutense xa activou un protocolo para loitar contra as novatadas despois dun violento vídeo que está a circular por internet


Hai dous alumnos expedientados e expulsados do seu colexio maior. Desde a direccion da UCM xa mostraron o seu "rexeitamento" a este tipo de casos "despreciables".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE