Unha enfermidade incurable deixa libre ao ladrón do Códice Calixitino

Manuel Fernández Castiñeiras, condenado en 2015 polo roubo do Códice Calixtino e de diñeiro da Catedral de Santiago, quedou en liberdade por razóns médicas.

|

Manuel Fernández Castiñeiras, o electricista da Catedral de Santiago, que puxo en albas ao país cos seus furtos e as súas revelacións sairá da prisión da Lama nos próximos días.


Segundo confirmaron fontes penais, a xunta de tratamento do cárcere pontevedrés da Lama, na que se atopa cumprindo a súa condena, deu luz verde a que Fernández Castiñeiras accedese ao terceiro grao por motivos de saúde.

Acusados no xuízo polo roubo do Códice Calixtino. Castiñeiras, á esquerda, durante o xuízo, co seu fillo e a súa muller


Esta decisión, que precede á súa liberdade condicionada, tomouse debido á grave enfermidade "incurable" que padece o condenado e que lle fai apto para que lle sexa aplicado o artigo 104.4 do regulamento, que outorga o terceiro grao por "razóns humanitarias".

En concreto, este artigo establece que se lle facilitará o terceiro grao aos penados "enfermos moi graves con padecimientos incurables, segundo informe médico, con independencia das variables intervenientes no proceso de clasificación", por "razóns humanitarias e de dignidadpersonal, atendendo á dificultade para delinquir ao seu escaso perigo".

SUFRIU UN ICTUS ESTE ANO
En maio deste ano, Castiñeiras, de 70 anos, sufriu un ictus mentres se atopaba en prisión, o que motivou o seu ingreso hospitalario dada a gravidade da situación. Era, ademais, a segunda ocasión na que se vía afectado por esta doenza, que xa lle deixou secuelas antes do roubo do Códice.

José Manuel Fernández Castiñeiras foi condenado en 2015 a dez anos de prisión por furto, roubo continuado e branqueo de capitais pola subtracción do Códice Calixtino e outros efectos da Catedral de Santiago. Posteriormente, o TSXG reduciu esta condena e deixouna en 8 anos e dous meses, que cumpriu no cárcere da Lama.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE