Policía Nacional cifra en máis de 700 hectáreas o incendio de Monforte polas 465 calculadas pola Xunta
A Policía eleva a superficie arrasada neste lume a 706 hectáreas, fronte ás 465 hectáreas das que informou a Xunta tras a súa extinción o pasado 9 de setembro.
A Policía eleva a superficie arrasada neste lume a 706 hectáreas, fronte ás 465 hectáreas das que informou a Xunta tras a súa extinción o pasado 9 de setembro.
A Policía Nacional conclúe que o recente incendio en Monforte de Lemos (Lugo), que obrigou a desaloxar vivendas, orixinouse nunha leira da parroquia de Baamorto, no lugar de Cinsa, na que "estaban a realizarse labores agrícolas momentos antes" do inicio do lume, que despois se propagou a zona boscosa.
Ademais, nun comunicado, a Policía eleva a superficie arrasada neste lume a 706 hectáreas, fronte ás 465 hectáreas das que informou a Xunta tras a súa extinción o pasado 9 de setembro.
Cos datos achegados este mércores, o de Lemos convértese no segundo gran incendio forestal do ano, ao superar as 500 hectáreas, xa que o anterior tivo lugar en Rianxo e Dodro na primavera.
Sobre a investigación, sinala que o Grupo Local de Policía Xudicial da comisaría de Monforte tomou declaración nos últimos días a varias persoas relacionadas co incendio.
ANÁLISE CIENTÍFICA
Así, a policía científica fixo unha inspección ocular no terreo susceptible de ser a orixe de incendio, coa toma de vestixios pendentes da súa análise. Agora estase á espera da Unidade Central de Análise Científica "co que se poderá establecer se se tratou dunha imprudencia ou intencionado".
De tal forma, a investigación por parte da comisaría de Monforte segue aberta. O atestado foi remitido ao xulgado de instrución en funcións de garda número uno de Lemos.
Escribe o teu comentario