​(RESUMO) O Dépor xa sabe o que é gañar e facer historia no fútbol feminino

O Deportivo feminino logra a súa primeira vitoria na súa estrea na liga Iberdrola ante o Espanyol, ao que endosou un contundente 3-1.


|

O Deportivo feminino logra a súa primeira vitoria na súa estrea na liga Iberdrola ante o Espanyol, ao que endosou un contundente 3-1.


O Dépor logrou a súa primeira vitoria na liga Iberdrola | Vídeo: RC Espanyol


Xa eran historia do fútbol galego, pero esta fin de semana escribiron outra páxina na eternidade deste deporte. O Deportivo da Coruña feminino logrou no primeiro partido da súa historia na liga Iberdrola o seu primeiros tres puntos despois de impoñerse con contundencia ao Espanyol, un dos históricos do fútbol feminino nacional. O cadro galego asinou un 3-1 que confirma que as branquiazuis chegaron a Primeira para quedar e que non son o equipo cincenta que todo o mundo cre.


E a historia escribiuse con moito suspense. O primeiro gol do Dépor en Primeira chegou nun embarullado córner que, despois de que Mimi sacase o balón non se sabe moi ben se desde a liña ou xa dentro da súa propia porta, acabou significando o primeiro dos moitos goles que celebrará Abegondo na elite do fútbol feminino. Alba Merino foi a encargada de deixar a súa pegada na historia aos doce minutos.


As pupilas de Manu Sánchez tiveron sempre un punto máis que os seus rivais: máis cabeza, máis corazón, máis ganas e máis sorte en cada acción. E o máis importante é que a presión non puido con elas, a pesar de ser un equipo que aínda se está ensamblando e infestado de debutantes. Á hora de xogo, as periquitas ganduxaron unha xogada pola dereita que Paula mandou a durmir á rede para facer o 1-1.


Con todo, a reacción local foi inmediata, e na seguinte acción xa estaban a festexar o 2-1 cun zurdazo afastado de Peke que a gardameta da escuadra catalá non acertou a despexar. Xa no 73 un penalti permitiu a Alba Merino facer o segundo da súa conta e pechar o marcador para un Dépor que saboreou o primeiro triunfo da súa curta historia, aínda que o camiño do club galego antóllase longo e esperemos que exitoso.  


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE