​Máis fisoterapeutas no SERGAS axudaría a aforrar millóns de diñeiro público atallando doenzas sen fármacos

As patoloxías máis prevalecentes son a dor lumbar, a dor neuropático, a dor musculoesquelético e a artrose e estímase que o custo económico que supón é do 2-2,8 por cento do PIB, uns 15.000 millóns de euros.


|

Case un terzo das doenzas crónicas que atenden os médicos de familia teñen que ver con lumbalxias que, no canto de fármacos, poderíanse atallar un fisoterapeuta, aforrándolle así millóns de euros á sanidade pública. O problema é que o número de fisoterapeutas no SERGAS é ridículo. Nos centros de saúde simplemente non existen. SATSE lémbranos que hai 324 en toda Galicia cando para cumprir o cociente da ONU, 1 especialista por 1.000 habitantes, debería haber 2.700.


Fisioterapia



En Galicia, este sindicato advirte que a situación de precariedade dos profesionais de Fisioterapia é tan “sanguenta”, que actualmente o Sergas tan só conta cun total de 324 fisioterapeutas para unha poboación de 2.700.000 habitantes, cando a propia OMS recomenda 1 fisioterapeuta por cada 1.000 habitantes. Con estes datos sobre a mesa unha Área como a viguesa con máis de 500.000 habitantes tería que contar con 470 destes profesionais na rede pública, cando a realidade é que non chega ao centenar.


O sindicato realiza esta demanda no Día Mundial da Fisioterapia. A súa campaña inclúe a distribución de material informativo, como carteis, e a difusión de vídeos e mensaxes a través de medios online e offline, pon o acento na importancia de aumentar os persoais de fisioterapeutas no sistema sanitario público español.


UN IMPACTO ESTIMADO DE CASE O 3% DO PIB

En España, a dor crónica afecta a en torno o 18 por cento da poboación, e a súa intensidade considérase entre moderada e intensa no 12 por cento dos casos. As patoloxías máis prevalecentes son a dor lumbar, a dor neuropático, a dor musculoesquelético e a artrose e estímase que o custo económico que supón é do 2-2,8 por cento do PIB, uns 15.000 millóns de euros.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE