Esnaquizando coches nun garaxe, gravándoo en vídeo e subíndoo ás redes
Emulando aos mellores acróbatas do Marisquiño, un mozo romanés dedicouse a facer piruestas cunha bicicleta, aínda que o seu caso era de xoguete e a súa intención final non precisamente deportiva ou lúdica.
A Garda Civil investiga como presunto autor de danos materiais a un mozo de orixe romanesa e veciño de Ourense, de 25 anos de idade, e que foi identificado nun vídeo publicado en redes sociais, no que se lle ve tentando facer acrobacias cunha bicicleta infantil, e causando danos en dous coches estacionados nun garaxe comunitario de Baiona (Pontevedra).
Segundo informaron fontes do Instituto Armado, a investigación iniciouse por mor da denuncia dos propietarios de dous vehículos, que os estacionaban nun garaxe comunitario de Sabarís, e que llos atoparon con rascazos e abolladuras.
A Garda Civil soubo da existencia dun vídeo en redes sociais, no que se podía ver a un mozo que, utilizando unha bicicleta infantil que había nese garaxe, tentaba facer saltos acrobáticos sobre os capós de dous coches.
MÁIS DE MIL EUROS DE DANOS
Os danos causados nos vehículos, así como na propia bicicleta, que terminou coas dúas rodas rotas e o guiador torcido, ascenden a uns 1.500 euros.
Os axentes puideron, grazas ás imaxes, identificar ao presunto autor dos feitos, ao que xa han comunidado a súa condición de investigado penalmente por danos. O mozo terá que comparecer cando sexa requirido polos xulgados vigueses.
Escribe o teu comentario