Suspendida a folga de Comfica, subcontrata de R, pero non as mobilizacións
Traballadores da empresa Comfica, unha das subcontratas de R, acordaron suspender a folga que mantiñan contra a deslocalización de servizos por parte do operador de telecomunicaicones e os despedimentos dunha vintena de traballadores.

Entre estas concentracións, unha delas este martes ante a sede de R, está a convocada para este mércores, ás 12,00 horas, ante a sede da Xunta.
Desde o comité de Comfica, precisaron que acordaron, coa dirección da empresa, suspender a folga que mantiñan tras comprometerse a recolocar aos 20 traballadores noutros servizos da empresa no caso de que R non renove o que lle prestan na actualidade.
Con todo, dixeron que manterán as mobilizacións contra a deslocalización e os despedimentos. "Queremos que R dea garantía de subrogación á nova adxudicataria", expuxeron desde a representación sindical en alusión á situación na que quedarían traballadores destas subcontratas se a empresa traslada servizos a Asturias a partir de setembro.
Escribe o teu comentario