Galicia con reservas moi baixas dos grupos sanguíneos 0- e 0+
As reservas dos grupos sanguíneos Cero positivo (0+) e Cero negativo (0-) atópanse en nivel baixo en Galicia, mentres que as da negativo (A-) e A positivo (A+) están normais, segundo a información facilitada este xoves pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).
En concreto, ADOS lembra que para poder atender as necesidades dos centros sanitarios galegos son necesarias 500 doazóns de sangue cada día, polo que subliña a importancia de acudir a doar de todos os grupos sanguíneos.
Co fin de facilitar a doazón, o vindeiro luns, 26 de agosto, ADOS desprazará unidades móbiles aos municipios coruñeses de Aranga --á beira da farmacia na Castelá--, A Coruña --Rolda de Outeiro no barrio de Vos Mallos e no Obelisco-- e Tordoia --diante do Concello--.
Tamén o luns haberá unidades móbiles no concello lucense de Barreiros --fronte ao Concello-- e nos ourensáns de Carballeda de Avia --fronte ao antigo Consistorio-- e Avión --campo da feira--.
Así mesmo, o día 26 ADOS enviará unidades móbiles aos municipios pontevedreses de A Estrada --praza do Concello--, Salvaterra do Miño --praza do Concello-- e Vigo --barrio de Teis--.
Escribe o teu comentario