Rescatan a un parepentista tras quedar colgando dunha árbore
Un parapentista foi rescatado en Ferrol despois de quedarse prendido dunha árbore mentres practicaba parapente entre a praia de Doniños e Cabo prioriño, emprazamentos naturais situados no concello ferrolán.

Do sucedido informou o 112 Galicia na tarde deste domingo tras recibir unha chamada dun particular ás 17,45 horas na que alertaba da situación na que se atopaba o planeador que se quedou enganchado a unha árbore.
Con estes datos, os xestores de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Ferrol e da Garda Civil. Do mesmo xeito, avisouse ao persoal do Aeroporto da Coruña e ao Servizo Aéreo de Rescate.
Finalmente, o parapentista resultou ileso, con todo, foron necesarios medios para desenganchar o paracaídas do lugar onde quedou prendido.
Escribe o teu comentario