Sancionado por conducir borracho empréndea cos retrovisores dos coches aparcados

|

Un home foi detido por romper os espellos retrovisores de cinco coches e abolar a porta dun sexto na Avenida do Porto, na Coruña, lugar no que os vehículos se atopaban estacionados preto das 09,50 horas do pasado xoves.


Retrovisores



O mozo de menos de 30 anos de idade foi detido pola Policía Local da cidade herculina tras recibir o aviso da Sala Operativa do 092, que ofreceu a información necesaria para que os axentes identificasen o causante dos danos, segundo informou a administración policial este domingo.


Nese momento, a patrulla de Policía que se trasladou ata a zona reparou en que ese home era o mesmo que minutos antes denunciaran administrativamente por conducir baixo os efectos do alcol. En concreto, o resultado da proba en aire aspirado foi positivo de 0,64 miligramos por litro e de 0,57 miligramos por litro.


Este test de alcoholemia foi realizado polos axentes da Policía ao redor das 08,14 horas da mañá, momento no que o coche foi inmobilizado e informouse ao home de que estaba denunciado con 1.000 euros e a retirada de seis puntos do carné. Ademais, nese instante o seu vehículo foi inmobilizado.


Por todo o ocorrido, a patrulla procedeu á súa detención e deixouno a disposición xudicial nos calabozos policiais.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress