Xornada tráxica nas estradas galegas con once feridos, tres deles graves

Un total de once persoas resultaron feridas, tres delas de gravidade, por mor de varios accidentes de tráfico que se deron nos municipios coruñeses de Noia e O Pino, así como en Xinzo de Limia (Ourense).

|

Un total de once persoas resultaron feridas, tres delas de gravidade, por mor de varios accidentes de tráfico que se deron nos municipios coruñeses de Noia e O Pino, así como en Xinzo de Limia (Ourense).


Garda civil tráfico



Este é o balance de accidentados que deixa a noite do pasado venres nas estradas galegas, segundo os datos facilitados polo 112 Galicia este sábado. Así mesmo, tamén comunicaron que tres dos afectados atópanse feridos de gravidade e tiveron que ser excarcerados dos seus vehículos.


O primeiro incidente saldouse con seis persoas prexudicadas, dúas delas de gravidade, tras bater tres turismos que circulaban pola estrada AC-550 que une as localidades coruñesas de Noia e Porto do Son, na parroquia de San Pedro.


Os servizos de emerxencia foron alertados ao fío das 20,00 horas e ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Boiro para excarcerar a dúas persoas que quedaron atrapadas no interior de dous dos vehículos accidentados. Igualmente, os GES de Brión, efectivos de Protección Civil, sanitarios do 061, Policía Local e Garda Civil de Tráfico acudiron á zona do suceso para intervir.


Ademais, debido á gravidade da situación, os sanitarios confirmaron ao 112 Galicia da saída dun helicóptero medicalizado que, finalmente, trasladou a un dos condutores excarcerado ao centro hospitalario de referencia.


CHOQUE E SAÍDA DE VÍA 

Por outra banda, ás 22,30 horas deste venres, catro persoas resultaron feridas ao chocar tres turismos no quilómetro 0,9 da DP-0605, no lugar de Santa Irene do concello do Pino. A esa hora, un particular solicitou ao 112 Galicia asistencia sanitaria para atender ás persoas afectadas.


Os servizos de emerxencias avisaron a Urxencias Sanitarias Galicia-061 e aos axentes da Garda Civil de Tráfico, que acudiron ao lugar do suceso. Ademais, foron informados os Bombeiros de Santiago e Arzúa.


O terceiro incidente produciuse preto das 08,00 deste sábado, un furgón quedou envorcado tras saírse da vía cando circulaba pola N-525, ás portas do municipio ourensán de Xinzo de Limia.


O 112 Galicia informou de que o condutor tivo que ser excarcerado, resultou ferido de consideración e foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Por este motivo, ademais dos servizos sanitarios de urxencia, foi precisa a intervención dos Bombeiros de Xinzo para a súa liberación. Do mesmo xeito, axentes da Garda Civil e Policía Local e Protección Civil da localidade foron informados.


UN TRAILER PERDE A súa CARGA

Por último, os servizos de emerxencias manifestaron que un trailer perdeu parte da súa carga ao saírse da autovía A-6 ao seu paso polo concello lugués de Outeiro de Rei.


O camioneiro resultou ileso, con todo, foron necesarios medios para retirar os produtos refrixerados que se dispersaron na autovía e na vía férrea próxima como consecuencia do impacto.


Foi unha chamada a que alertou ao 112 Galicia ás 04,45 horas deste sábado a que permitiu activar un operativo no que participaron os axentes da Garda Civil de Tráfico e o persoal do servizo de mantemento da autoestrada e do persoal de Adif, que se centraron na retirada dos produtos que quedaron espallados tras o ocorrido.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE