Presunto narco con conexións con trama de corrupción política detido no Salnés
Como adiantou Galiciapress o sábado, a presenza dun corpo especial da Garda Civil na Autoestrada do Atlántico indicaba que había en marcha unha operación importante contra o narcotráfico galego. Hoxe transcendeu a detención de nove persoas, incluído Manuel Osorio, un suposto narco que pode ter conexións políticas, pois o seu nome saltou no sumario da Operación Campión.
Axentes da Garda Civil detiveron, polo menos, a nove persoas na comarca pontevedresa do Salnés no marco dun operativo aberto contra o tráfico de drogas.
Dorribo, xefe de trama Campeón, faleceu este ano
Segundo informaron fontes consultadas por Europa Press, o operativo, que segue aberto, lévano a cabo axentes do Equipo de Investigación Contra o Crime Organizado (ECO) de Galicia e da Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil de Madrid.
Nas deteccións participaron axentes de os Grupos de Acción Rápida, un corpo esepcial de a Unidade de Acción Rural. Creados para loitar contra o terrorismo, Interior úsaos tamén en operacións de alto risco. A súa presencia realizando controis na AP-9 esta semana á altura de Arousa e O Salnés, da que informou este medio, indicaba que algunha operación fóra do habitual -estes axentes teñen base en Logroño, Navarra e o País Vasco- estaba en marcha.
Segundo Ka Voz, un dos detidos é Manuel Osorio Grande, imputado nunha das principais tramas de corrupción politica recente en Galicia, a Operación Campeón. Osorio foi detido no seu día como presunto home de palla de Jorge Dorribo, o falecido empresario lugués líder do armazón corruptor.
Jorge Dorribo "mantiña relacións con individuos con antecedentes policiais por tráfico de estupefacientes, como Juan Manuel Vidal Padín e Manuel Osorio Grande", figuraba no sumario daquela operación.
Así describía aquel sumario a relación entre Osorio e Dorribo: "a súa vinculación é máis estreita, xa que sería o seu home de palla nas sociedades Bussines Dubai S.L. e Tresnaves Arousa S.L., sociedades utilizadas por Jorge (Dorribo) para a realización de facturas a diferentes farmacias, así como a compra de polo menos unha embarcación de alta velocidade".
A Xustiza acusou a Osorio de poxar con diñeiro da trama corrupta por unha nave incautada ao clan dos charlines, que saíu despois a poxa. Precisamente una dos inmobles rexistrados estes días é unha antiga conserveira situada en Castrelo, Cambados, segundo ALaVoz. Houbo tamén outros rexistros en Vilagarcía e Vilanova.
COLOMBIANOS DETIDOS E PODE HABER MÁIS
Fontes próximas á investigación confirmaron que entre os detidos neste operativo contra o narcotráfico atópanse cidadáns colombianos, españois e dalgunha outra nacionalidade.
Nos rexistros realizados en varias localidades pontevedresas os axentes despregados pillaron diñeiro, documentación e diversa cantidade de droga.
A operación, que comezou este luns 12 de agosto na provincia de Pontevedra, continúa aberta, indicaron as mesmas fontes.
Escribe o teu comentario