Catro persoas detidas por tráfico de heroína en Valdeorras

Catro persoas foron detidas no marco dunha operación dirixida pola Garda Civil de Ourense, que conseguiu desarticular unha rede organizada dedicada ao tráfico de drogas con catro puntos de venda nas localidades do Barco de Valdeorras e A Rúa (Ourense), e Puente Domínguez Florez (León).

|

Catro persoas foron detidas no marco dunha operación dirixida pola Garda Civil de Ourense, que conseguiu desarticular unha rede organizada dedicada ao tráfico de drogas con catro puntos de venda nas localidades do Barco de Valdeorras e A Rúa (Ourense), e Puente Domínguez Florez (León).


A Garda Civil de Ourense detén a catro persoas como presuntos autores dun delito contra o tráfico de drogas.


A investigación iniciouse a principios do pasado xuño, cando a Garda Civil recibiu queixas dos veciños, os cales observaban un tránsito inusual de drogodependentes que accedían a varios inmobles a calquera hora do día.

Tras varios meses de investigación, a Policía Xudicial de Ourense comprobou que se trataba dun grupo de catro persoas. Na operación incautáronse 180 doses de heroína, 800 euros en efectivo e elementos de pesada e corte da droga.

Unha vez estudado o caso, foron detidos S.T.D., de 49 anos de idade, M.G.M., de 35 anos, A.F.L., de 62 anos e M.B.A., de 60 anos de idade, como presuntos autores dun delito contra a saúde pública. Os tres son de nacionalidade española e veciños das localidades.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE