A Xunta financia a entidades LGTBI para "promover a igualdade de oportunidades"
Tres organizacións de persoas LGTBI reciben o apoio da Secretaría de Igualdade
A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, reuniuse este xoves con representantes de catro entidades LGTBI para asinar acordos de colaboración que teñen como obxectivo "a protección dos dereitos e igualdade de oportunidades deste colectivo".
Os acordos foron subscritos con Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual da Coruña (ALAS Coruña), Asociación de Familias de Menores Trans (Arelas), Comité Cidadán Antisida da Coruña (CASCO) e Nós Mesmas. O orzamento ascende a 16.000 euros.
Segundo informou a Xunta nun comunicado, o obxectivo radica en apoiar a estas organizacións e actividades que realicen, "en promoción dos dereitos e intereses de persoas gais, lesbianas, transexuais, bisexuais ou intersexuales" para "sumar esforzos" en contra das discriminacións.
A través do "apoio", sinala a Xunta, estas entidades desenvolverán distintas actuacións para avanzar na "promoción de visibilidade e de sensibilización".
Entre as actividades que desenvolverán inclúense, destacou a Xunta, "campañas de información social; actividades de investigación; actuacións de acompañamento; asesoramento e información; ou elaboración de materiais didácticos", entre outras.
Escribe o teu comentario