A fonte milagre que reparte viño gratis: a tradición de San Vicente consolídase en Lugo

Un ano máis, e con este xa van sete consecutivos, Lugo Monumental axudará a San Vicente a obrar o seu "milagre", polo que a fonte barroca do século XVIII, situada na praza do Campo de Lugo, manará viño tinto polo seu tres caños.

|

Un ano máis, e con este xa van sete consecutivos, Lugo Monumental axudará a San Vicente a obrar o seu "milagre", polo que a fonte barroca do século XVIII, situada na praza do Campo de Lugo, manará viño tinto polo seu tres caños.


O patrocinio de Viliga, viños e licores galegos, e a colaboración do Concello de Lugo, entre outros, fan posible este evento, que "xa é unha bonita tradición lucense" e cuxa vistosidade e orixinalidade "sorprenden" cada ano aos turistas que nestas datas visitan a cidade, segundo destaca Lugo Monumental nun comunicado.


Fonte san vicente lugo

Fonte de San Vicente manando viño| CRTVG


Será a partir das 20,00 horas deste luns cando a fonte comece a botar viño tinto. Ademais, o grupo 'Cantigas e Flores' amenizará a velada e xunto aos membros da asociación, a alcaldesa, Lara Méndez, repartirá o viño gratuitamente entre os asistentes. O tradicional "milagre" realízase este 29 de xullo por ser a festividade de Santa Marta, patroa da hostalería.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE