Publicados os adxudicatarios 41 novas oficinas de farmacia en Galicia
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica na súa edición deste martes unha resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade pola que fai pública a lista definitiva de puntuacións obtidas polos participantes no concurso público para a adxudicación de 41 novas oficinas de farmacia.
En setembro haberá un acto público para decidir que persoas xestionaRÁn os novos establecementos
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica na súa edición deste martes unha resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade pola que fai pública a lista definitiva de puntuacións obtidas polos participantes no concurso público para a adxudicación de 41 novas oficinas de farmacia.
Resultaron admitidas 604 persoas e todos istos aspirantes deberán presentarse o próximo 14 de setembro ás 9,30 horas ao acto público de elección de oficina de farmacia, que se celebrará no salón de actos do edificio administrativo do Sergas, en San Lázaro.
A diferenza doutros procesos de adxudicación de farmacia, esta é a primeira vez que se convoca a todos os participantes admitidos a concorrer nun acto público único, segundo destaca a consellería nun comunicado.
Escribe o teu comentario