Do Pórtico da Gloria a Internet: os galegos e a súa devoción pola mellor empanada do mundo

Agora ben, tal grao de diversidade e fama deixan claro algo indiscutible: máis aló dos recente tópicazo de o  marisco, a empanada ten un papel central na gastronomía galega.Un demo coméndose o que parece ser unha empanada no Pórtico da Gloria | Gastrorelatos Twitter Non en balde as primeiras referencias históricas datan xa do SXII, do mismísimo Pórtico da Gloria do Mestre Mateo na Catedral de Santiago de Compostela.


|

Cal é a mellor empanada de Galicia e, por conseguinte, do mundo? As das Rías Baixas, elaboradas cos manxares procedentes dunha das augas máis ricas do mundo; como o berberecho, as zamburiñas, as sardiñas, os mexillóns ou o polbo?  As de Ortegal, recheas de peixe como marraxo ou  rape? Ou as do interior, repletas de carne, como a tradicional de costrelas da Rúa, feita con costelas?  E iso sen abrir a caixa de Pandora, aqueles innovadores ou heterodoxos que consideran empanadas afamadas variantes locais de Mondoñedo -a celebre empanada de tortilla- ou a bóla de nata da Capela e o resto de val do Eume -que pode ser unha empanada, pero que en todo caso é nunha sobremesa.


Debater sobre as virtudes das empandas galegas sería, no fondo, baladí. Para gustos cores  e para minifundios e disputas locais, Galicia. Agora ben, tal grao de diversidade e fama deixan claro algo indiscutible: máis aló dos recente tópicazo de o  marisco, a empanada ten un papel central na gastronomía galega.


Demos portico da gloria empanada


Un demo coméndose o que parece ser unha empanada no Pórtico da Gloria | Gastrorelatos Twitter 


Non en balde as primeiras referencias históricas datan xa do SXII, do mismísimo Pórtico da Gloria do Mestre Mateo na Catedral de Santiago de Compostela. Nun dos lados desta obra mestra pódese ver o que parece un demo comendo un alimento que polo seu tamaño e forma, parece unha empanada. Algúns historiadores da arte interpretan que é a representación duns dos pecados capitais, a gula. Ao fin e ao cabo, postos a pecar comendo, a empanada sería a elección de moitos galegos e peregrinos.


Outros historiadores argumentan que, de paso, o Mestre Mateo aproveitou para representar unha forma de transportar comida que tiñan moitos peregrinos e viajantes naqueles tempos previos á refrixeración, cociñar os produtos fescos e protexelos da intermperie entre dúas capas de masa.


TRUCOS PARA AFORRAR TEMPO

A pesar da súa antigüidade, a empanada galega está en plena vixencia. En parte, pola entrada no mercado de empresas que se dedican a cultivar e preparar sofritos de cebola, utilizados por moitas panaderías como base das súas receitas. 


Outro factor é a popularización das masas precociñadas -auténtico anatema para os crentes na pureza de as empanadas caseiras- pero que democratizou en boa medida o prato, outrora dificilmente abordable para aqueles que dispuxesen das dúas horiñaas que pode levar só a elaboración da masa, entre a súa preparación propiamente dita e a hora e media que moitos recomendan necesaria para que repouse cuberta mentres imos preparando o recheo.


Para os máis vagos -ou aqueles con menos tempo- nunca hai escusa para quedar sen empanada, sobre todo nestes días de romarías estivais. Xa sexa acudindo á mellor panadería especialista da túa localidade -cada área adoita ter un comercio referente, distinción con esforzo durante anos de satisfacer o estómago da súa esixente parroquia- ou, para os máis vagos aínda, comprándoas a través de internet; que ata aí chegou tamén o comercio electrónico. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE