Unha eclipse lunar poderase ver hoxe á primeira hora da noite

Unha eclipse parcial de lúa o día 16 de xullo será o "principal fenómeno astronómico" visible desde Galicia. O director do Observatorio Atronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela (USC), José Ángel Docobo, explicou qe coincidirá coa saída da lúa, ao redor das 22,00 horas, e alongarase ata a 1,00 da madrugada do día 17.

|

Condicións moi favorables para observar a eclipse de lúa deste 16 de xullo de 2019. Ceo maiormente despexado, visible a simple ollada e fenómeno que empeza cedo, sobre as 22 horas, e prolóngase bastante tempo.


Unha eclipse parcial de lúa o día 16 de xullo será o "principal fenómeno astronómico" visible desde Galicia. O director do Observatorio Atronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela (USC), José Ángel Docobo, explicou qe coincidirá coa saída da lúa, ao redor das 22,00 horas, e alongarase ata a 1,00 da madrugada do día 17.


ECLIPSE LUNAR PARCIAL


Eclipse lunar parcial | ja2vi CC BY-NC-SA 2.0


PRÓXIMAS ECLIPSES

A seguinte eclipse lunar que se verá desde España non chegará ata novembro do 2020.  Un total non se producirá ata o 16 de maio de 2022.


Así mesmo, outro fenómeno destacable do verán, as Perseidas, coincidirán coa festividade de San Lourenzo --10 de agosto--, a pesar de que as condicións para velas "non serán moi favorables", asegurou Docobo, por estar a lúa preto da fase chea.


OUTRAS CLAVES DO CEO ESTIVAL

O Observatorio da USC desvelou que os planetas Xúpiter e Saturno serán visibles todas as noites no ceo nocturno.


Venus, con todo, será visible ao amencer ata mediados de agosto para, despois, pasar a verse pasado o atardecer. Mentres, Mercurio realizará aparicións alternas entre os amenceres de xullo e agosto e os anoiteceres de setembro.


Por último, Marte, o planeta máis próximo á Terra, poderá verse a primeiras horas da noite en xuño e xullo. Despois, en agosto e setembro, aparecerá á primeira hora da mañá.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE